"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

    1. Acción e efecto de avivar ou de avivarse.

    2. Operación de poñer ao descuberto as partes sas e vasculares dun tecido lesionado, dunha cicatriz ou dun conduto fistuloso, coa finalidade de activarlle a cicatrización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis viva ou intensa algunha cousa.

    2. Conseguir que o lume que se está apagando arda con máis forza.

    3. Poñer en funcionamento algunha cousa ou facer que vaia con máis présa.

    4. Facer máis enxeñoso o espírito ou a intelixencia.

    5. Tornarse máis activo ou máis vivo.

    6. Arder con máis forza algunha cousa que se estaba apagando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento químico ao que son sometidos os tecidos ou os fíos, despois de tinguidos, para avivarlles a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que adquira vigor o que estaba a piques de extinguirse ou de morrer.

    2. Cobrar vigor o que parecía estar esmorecendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de avivecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Cuntis, o uso destas augas é de época romana, como o proba unha estela dedicada ao deus Edovio. O edificio actual, situado no mesmo punto que o orixinario, está moi renovado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical documentada polo franciscano Samuel Eiján que se ocupou dela na súa Historia, publicada a comezos do s XX. Nos arquivos do Museo Diocesano de Ourense hai datos dos inicios desta banda do Ribeiro, da que figura o ano 1840 como punto de arranque, e que aínda hoxe existe. A Ribadavia chegou o artista toscano Veneroni que, despois de actuar na localidade cunha compañía de cómicos, optou por quedar na vila exercendo o ensino da música. Organizou unha sociedade filharmónica, destinada á formación da xuventude, dando facilidades económicas aos fillos das familias menos protexidas. Anos máis tarde, cando xa a organización ía en marcha, o concello de Ribadavia, en sesión celebrada o día 9.6.1850, tomou o acordo de prestar todo o apoio necesario para que ninguén, por falta de medios, se vise privado de ser músico. Nunha segunda sesión celebrada o día 13.10.1850, o concello facilitou o local de ensaio na escola de nenos de Santo Domingo. No 1894, data na que a banda tomou o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador de vestiarios cinematográficos. Foi colaborador de Ernst Lubitsch, de Max Ophüls e de Josef von Sternberg, especialmente para Marlene Dietrich e Louise Brooks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no alto val do río Tormes (2.564 h [1996]). A súa economía é agrícola (cereais, horta e patacas); tamén hai canteiras. Dentro da vila está o castelo de Valdecorneja, do s XV, e ruínas da antiga muralla. A igrexa parroquial é gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Javier Encinas Bardem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor británico. Realizou estudios en Cambridge, no Royal College of Music e posteriormente foi profesor na Universidade de Newcastle. Partiu dun romanticismo inicial cara a un serialismo lírico. Entre a súa produción destaca o Cuarteto de Corda (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de Arte. Catedrático de Historia da Arte na Universidade de Rennes e profesor na Sorbonne, contribuíu cuns estudios no eido da musivaria romana e medieval: Les mosaiques romaines et mediévales de la regió laietana (Os mosaicos romanos e medievais da rexión laietana, 1978), Els mosaics de paviment medievals a Catalunya (Os mosaicos do pavimento medievais en Catalunya, 1979) e Il mosaico (O mosaico, 1996). Tamén realizou traballos de investigación no eido da arquitectura e da pintura: La catedral románica de Vic (1979), L’art pre-románic a Catalunya: segles IX-X (A arte prerrománica en Catalunya, séculos IX-X, 1981) e os volumes O mundo romano 1.000-1.220 (1982 -1983) e La pittura in Italia. L´Altomedioevo (A pintura en Italia, o Altomedievo, 1994). No ano 1991 foi nomeado director xeral do Museo Nacional de Arte de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Estudiou Letras e Medicina en Moscova. Fundou en Tilsit en 1883 a revista nacionalista Ausra. A súa obra céntrase no estudo da literatura e das tradicións populares lituanas. Fundou en Vilnius unha biblioteca e un museo nacional. Escribiu Ozkabaliu Dainos (Os cantos de Ozkabalai, 1902) e Lietuviskos Pasakos (Lenda lituana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón, la ou seda orixinario de Batavia, cun trenzado derivado da sarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de Xacarta, como capital das antigas Indias Orientais Neerlandesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Land de Alemaña limitado ao N por Turinxia, ao L pola República Checa, ao SL e o S por Austria, ao O por Baden-Wütemberg e ao NL por Hessen (70.548 km2; 12.066.375 h [estim 1998]). A súa capital é Múnic.
    Xeografía
    Baviera comprende tres grandes rexións naturais, limitadas no L por unha orla montañosa (selva de Franconia, Fichtelgebirge, selva do Alto Palatinado, selva de Baviera). A rexión alpina comprende o Allgäu e os Prealpes de Baviera. Máis ao N, ata o val do Danubio, esténdese o altiplano suabio-bavarés, área inmediata aos Alpes. Pasado o Danubio, o país está ocupado pola conca franco-suabia, que se estende ata o macizo de Bohemia. Os ríos pertencen a dúas concas, a do Rin e a do Danubio, e na área prealpina hai numerosos lagos. A mediados do s XIX Baviera era un estado eminentemente agrario, onde este sector ocupaba as dúas terceiras partes da poboación, mentres que cara a finais da década de 1990 ocupaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que é coñecida a liñaxe dos Wittelsbach desde o ano 1180, cando o conde palatino Otón V de Wittelsbach se converteu en Duque de Baviera (Otón I).

    VER O DETALLE DO TERMO