"Agar" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 159.

    1. Relativo ou pertencente aos tagarinos.

    2. Mourisco que habitaba a Península Ibérica xunto cos cristiáns que, por falar ben as dúas linguas (a árabe e a romance) apenas se podían distinguir. O termo foi utilizado especialmente a partir da expulsión dos mouriscos (1609-1614).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. falcón bérber.

    2. Escribán encargado da redacción e a autentificación de actas en contratos públicos e das actuacións xudiciais, gobernativas e administrativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situada a 18 km ao N de Calcuta, na ribeira esquerda do Ganxes (113.831 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasar algo desde a boca ao estómago.

    2. Comer moito e rápido.

    3. Facer que algo desapareza no seu interior.

    4. Aguantar algo ou a alguén que resulta pesado ou molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India (368.822 h [1991]). Situada ao NL de Bombai, é un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar sen facer nada.

    2. Andar dun sitio para outro sen destino fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo libre ou desocupado.

    2. Lentitude con que se desenvolve o que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do S da India, no estado de Mysore, na ribeira dereita do Tungabhadra. Na actualidade Hampi ocupa unha parte das ruínas. Foi fundada en 1336 polos cinco fillos de Sa ṅ gama. Foi a capital do Reino de Vijayanagara, que se estendía polos estados de Mysore, Andhra Pradesh e Tamil Nadu. En 1485 rematou a dinastía Sa ṅ gama e a dinastía Saluva usurpou o poder ata que foi substituída pola Tuluva (1505?). No reinado de K ṛ i ṣ n.ā Deva Rāya (1509-1529) as fronteiras estendéronse cara ao N, ata o río Krishna. Os seus sucesores sucumbiron ante a fronte común islámica e en 1565 a cidade de Vijayanagara foi destruída. O imperio continuo na nova capital, Penukonda (Andhra Pradesh), ata 1614.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Pontevedra (43° 35’ 31’’ N - 8° 46’ 46’’ O). Limita ao N coa ría de Arousa e co concello de Catoira (comarca de Caldas), ao S con Vilanova de Arousa (O Salnés), ao O coa ría de Arousa e Vilanova de Arousa e ao L con Caldas de Reis (Caldas). Abrangue unha extensión de 44,2 km 2 cunha poboación de 36.743 h (2007), distribuída nas parroquias de Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. A súa capital é a vila de Vilagarcía, na parroquia homónima, que dista 45 km de Santiago de Compostela e 20 km de Pontevedra. É cabeceira de partido xudicial. Está adscrito á arquidiocesede Santiago.
    Xeografía física
    O relevo é moi accidentado como resultado da acción tectónica durante o Terciario. A ría de Arousa xurdiu por un fenómeno de subsidencia do esteiro do río Ulla, que supuxo que o mar penetrase no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vilagarcía de Arousa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh (India), situada a 20 km da costa do Golfo de Bengala (15.461 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, situada entre Ambālā e Sahāranpur, á beira do río Yamuna (144.250 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘mazá’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘maceira’.

    VER O DETALLE DO TERMO