"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en lanzamento de xavelina, foi cinco veces campioa de España (1998, 1999, 2000, 2001 e 2002). Participou nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e obtivo a medalla de bronce nos Xogos Iberoamericanos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado insular de Venezuela (1.150 km2; 377.700 h [estim 2000]). A súa capital é La Asunción (20.503 h [1995]). Comprende as illas Margarita, a máis grande e onde se atopa a capital, Coche e Cubagua. O clima é tropical. A poboación vive concentrada no litoral de Margarita. A actividade principal é a pesca (ostras perleiras) e a agricultura, onde destacan os cultivos de millo, cana de azucre, cocos, bananas e patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ortigueira. Construíuse entre 1776 e 1799, en estilo neoclásico. Ten unha soa planta de cruz latina, cuberta con bóveda de canón. No interior destacan os retablos barrocos de Antonio Domínguez Estivadas (1765), un no altar maior e outro na capela do Rosario. No exterior ten un pórtico de catro arcos desde o que se accede ao templo. Arquitectonicamente forma parte do conxunto do antigo convento dos dominicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pergameo que contén copiados diferentes documentos, sobre todo os documentos reais mediante os que o soberano restituía os títulos de propiedade perdidos ou destruídos, a petición do interesado.

      2. Bula pontificia dos ss XI-XII que incluía e confirmaba os bens dun mosteiro ou dunha igrexa.

    1. Cartel grande de papel, cartón ou doutro material que, sostido adecuadamente paus, cordas ou outro sistema, se exhibe nalgún lugar, nunha manifestación ou noutro acto público, con letreiros de grandes caracteres, con lemas, anuncios, peticións, desexos ou reivindicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e realizou estudos de gravado con J. Núñez. As súas obras caracterízanse polo debuxo firme que presenta obxectos case escultóricos. Cultivou a temática da muller, a música, a mitoloxía e os rituais relixiosos. Ten obra na Colección Caixanova e no Museo Provincial de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Balanza automática que serve para pesar cartas e permite coñecer o importe do franqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de xadrez xeorxiano. Foi campión da URSS en 1959 e 1961, e campión do mundo en 1963 e 1969. Practicaba un xogo moi defensivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estadista espartano. Foi éforo e elaborou unha gran parte da constitución que se lle atribúe a Licurgo. Atribúeselle a militarización da vida civil de Esparta e a educación castrense da xuventude. Foi autor do aforismo “Non desexes o imposible” e compuxo poesía con métrica elexíaca. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Francia que vai desde o 21 de outubro de 1945 ata o 4 de outubro de 1958. Liberada Francia da ocupación alemá tras a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Charles de Gaulle creou un goberno provisional e o socialista Vincent Auriol foi elixido presidente. A exclusión dos comunistas do goberno en 1947 e a organización dos partidarios do xeneral De Gaulle imposibilitaron a consolidación do novo réxime, que sufriu unha forte inestabilidade ministerial. O proceso de descolonización culminou coa crise de Alxeria, que puxo fin á Cuarta República Francesa. O presidente René Jules Gustave Coty nomeou primeiro ministro a De Gaulle, que iniciou a Quinta República Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de xullo. Os ofrecidos, persoas enfermas que se ofrecen para curar a doenza, van nun ataúde ata o santuario, ao tempo que as campás tocan a morto. Diante da imaxe, o ofrecido sae do ataúde e reza e fai a súa ofrenda. Cos ataúdes fórmase unha procesión coa imaxe da santa, mentres que o ofrecido vai detrás da súa caixa. O rito vai acompañado por cancións que cantan os romeiros á santa arredor do adro ou cando volven para a casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, filla do baixo Antonio Sánchez Camporro. Comezou a súa andaina profesional en 1984 no grupo Cristal Oskuro para en 1985 integrarse no grupo Olé Olé. En 1991 iniciou a súa carreira en solitario e da súa discografía destacan, Mujer (1993), Mi mundo (1995), Azabache (1997), Desconocida (1998) e Soy yo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura (4.157 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e extracción de tungsteno e chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Magdalena, Colombia (359.147 h [1999]). Situada ao pé de Sierra Nevada de Santa Marta, é porto no Mar Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da parroquia de Santa Mariña da Ponte, no concello de Viana do Bolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia situada na Punta de Santa Marta, zona de gran presión urbanística.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 210 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Si SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Afonso XIII en 1924 a Alfredo Moreno e Osorio, Moscoso de Altamira e Chacón . Sucedeuno o seu fillo José Moreno Torres , II conde de Santa Marta de Babío (?-Madrid 1983), alcalde de Madrid (1946-1952), sucedido polo seu fillo Rafael Moreno Benjumea . Trae por armas as de Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO