Ribarteme, Santa Marta de

Ribarteme, Santa Marta de

Romaría celebrada en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de xullo. Os ofrecidos, persoas enfermas que se ofrecen para curar a doenza, van nun ataúde ata o santuario, ao tempo que as campás tocan a morto. Diante da imaxe, o ofrecido sae do ataúde e reza e fai a súa ofrenda. Cos ataúdes fórmase unha procesión coa imaxe da santa, mentres que o ofrecido vai detrás da súa caixa. O rito vai acompañado por cancións que cantan os romeiros á santa arredor do adro ou cando volven para a casa.