Ribas Altas, San Pedro de
Ribas Altas, San Pedro de
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Realizada en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave, abovedada con arcos faixóns, e unha ábsida, de tramo recto con cabeceira redonda e capiteis figurados. No interior destacan as pinturas murais que representan o Xuízo Final. A fachada, reformada no s XVIII, conserva a metade das xambas e do arco interior da portada orixinal.