"Bes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 224.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Político do Baixo Miño. En 1933 foi elixido concelleiro en representación do Partido Republicano Radical da corporación municipal de Tui. Dous anos despois accedeu á alcaldía. Trala sublevación militar de 1936 participou na comisión xestora do concello, creada polos militares e presidida por José Peñarredonda.
-
GALICIA
Xornalista e poeta. Redactor da revista Aturuxo e cronista oficial de Ferrol, publicou traballos de crítica literaria (La Noche, El Correo Gallego, El Norte de Galicia) e os poemas “As illas”, “Resposta ao Nirvana”, “Libro dos mares” e “Palabra agachada” en La Voz de Galicia. Entre outras obras, escribiu: Primeira fase e outras narracións (1999) e Carta de algunas islas y varios ríos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
craniomalacia.
-
-
ariante gráfica do apelido galego Devesa.
-
Liñaxe que se asentou en Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de sinople, unha devesa.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo francés. Doutorouse en Letras en 1937, despois de exercer como profesor na Escola Normal. Ensinou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Estrasburgo (1945-1956) e, despois, foi catedrático de Ciencias da Educación na Sorbonne e desempeñou o cargo de director do laboratorio de pedagoxía. Centrou os seus estudios na adolescencia e, sobre todo, nos intereses e necesidades desta etapa e no seu aproveitamento pedagóxico. É autor, entre outras, de La crise d’originalité juvénile (1937), Comment étudier les adolescents (1938), Les étapes de l’éducation (1952), La psychologie de l’enfant (1956) e Traité des sciences pédagogiques (1969), en colaboración con Gaston Mialaret, unha extensa enciclopedia que trazaba o panorama das ciencias da educación nos pasados anos setenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, compaxinou a creación literaria, o xornalismo e a docencia como profesor de dereito mercantil na Escuela de Comercio de Valladolid. En 1936 ingresou na Escuela de Comercio e estudiou artes plásticas na Escuela de Artes y Oficios; dous anos máis tarde embarcou no cruceiro Canarias como mariñeiro, ata que regresou a Valladolid ao remate da Guerra Civil española. Foi caricaturista no xornal El Norte de Castilla, baixo o pseudónimo Max, do que foi nomeado director en 1958. A súa obra xira ao redor de dúas teses: a autenticidade da vida rural ante a civilización urbana e a morte como sentido último da vida. O estilo dos primeiros anos vacila entre a novela de tese, densa e lenta, e a de ritmo máis áxil. As súas obras traducíronse a multitude de idiomas (ruso, alemán, italiano, francés, sueco, checo, xaponés, etc) e da súa produción destacan, entre outras obras: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal, 1948),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Discípulo de Adolphe Adam, nos inicios da súa traxectoria profesional foi organista de igrexa e posteriormente mestre de coro do Théâtre-Lyrique e da Opéra. Fixéronse célebres os seus ballets Coppélia (1870) e Sylvia (1876), e a ópera Lakmé (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes, da orde das caulerpais, de talos filamentosos que producen esporas provistas dun verticilo subapical de flaxelos.
-
PERSOEIRO
Médico. Licenciouse en medicina na Universidade de Barcelona en 1959 e doutorouse en obstetricia e xinecoloxía na Universidade de Madrid en 1967. Ampliou estudios en Manchester, Xénova, París e Florencia. Traballou no Instituto de Maternidade de Barcelona (1960-1972) e, dende 1973, é o director do departamento de obstetricia e xinecoloxía do Instituto Universitario Dexeus. Foi precursor da fecundación in vitro e do control de natalidade en España. Publicou, entre outras obras, Fisiología obstétrica (1982), Así nace un niño (1985), Progreso en oncología ginecológica (1985) e Patología obstétrica (1987). É membro da Sociedad Española de Oncología, da Unidad Española de Mastología, da Sociedad Española de Citología, da Sociedad Europea de Histeroscopia, da Sociedad Española de Patología Cervical y Colposcopia e do comité científico da Sociedade Internacional de Bioética (SIBI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estróxeno de síntese non esteroide, cristalino e incoloro, que se administra por vía oral na terapia hormonal substitutoria. Está totalmente contraindicado para embarazadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca de Francia, no departamento de Ain, que se estende entre Saona ao O, Roine ao S e Ain ao L.
-
ENTRADA LARGA
Federación de sete estados independentes da costa oriental da Península Arábiga. Limita ao N con Qatar e o Golfo Pérsico, ao L con Omán e o golfo de Omán, e ao S e O con Arabia Saudí (83.600 km2; 2.900.000 [estim 2000]). Esténdese entre os 27° e os 22° de latitude N e os 51° e os 57° de lonxitude L. A capital é Abū Zabī.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo ondulado é na súa maior parte desértico, con escasos oasis e wadis (leitos de ríos secos e pedregosos). Na liña costeira, por mor da escasa profundidade da auga, fórmanse numerosas illas coralinas e bancos de area. O clima é desértico, moi árido e con temperaturas elevadas.
Medio ambiente
A fauna e flora é a típica de dunas, chairas salinas e oasis, onde destacan pola súa singularidade e escaseza, algúns mamíferos como o antílope arábigo e o caracal. Na costa, as praias intercálanse con enseadas, onde aparecen formacións de mangleiros, que constitúen importantes puntos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Ferida producida a unha cabalería polo rozamento do cabestro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de encabestrar.
-
-
Poñer o cabestro ás bestas.
-
Enlearse as bestas no cabestro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cor vermella que colle o rostro, especialmente as meixelas, debido á súbita afluencia de sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pon colorado ou que se ruboriza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario aparecido en Vilalba a partir do 22 de xaneiro de 1932. Cesou a súa edición o 28 de xuño de 1936 (nº74). Subtitulouse “Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA)” e dirixírono, inicialmente, Ramón Taboada e, en 1936, Antonio Quintela Ferreiro. De tendencia republicana, a partir de 1936 defendeu con forza o nacionalismo galeguista. Participou activamente na denuncia do caciquismo e defendeu a República.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lema que establece que a esperanza matemática da variable aleatoria límite da sucesión Xn é o límite das esperanzas matemáticas dos elementos Xn.
-
PERSOEIRO
Naturalista británico, presidente da Geological Society de Londres e profesor de historia natural en Edimburgo. Estudiou a botánica, a zooloxía e a xeoloxía da conca mediterránea e tamén a flora e a fauna de Gran Bretaña. Está considerado un dos primeiros oceanógrafos. Abriu un novo campo de investigación ao demostrar que existía vida nas profundidades abisais. A súa obra fundamental é On the Connection between the Distribution of the Existing Fauna and Flora of the Bristih Isles and the Geological Changes which have affected their Area (1846).
VER O DETALLE DO TERMO