Dexeus Trias de Bes, Santiago
Médico. Licenciouse en medicina na Universidade de Barcelona en 1959 e doutorouse en obstetricia e xinecoloxía na Universidade de Madrid en 1967. Ampliou estudios en Manchester, Xénova, París e Florencia. Traballou no Instituto de Maternidade de Barcelona (1960-1972) e, dende 1973, é o director do departamento de obstetricia e xinecoloxía do Instituto Universitario Dexeus. Foi precursor da fecundación in vitro e do control de natalidade en España. Publicou, entre outras obras, Fisiología obstétrica (1982), Así nace un niño (1985), Progreso en oncología ginecológica (1985) e Patología obstétrica (1987). É membro da Sociedad Española de Oncología, da Unidad Española de Mastología, da Sociedad Española de Citología, da Sociedad Europea de Histeroscopia, da Sociedad Española de Patología Cervical y Colposcopia e do comité científico da Sociedade Internacional de Bioética (SIBI).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona