"Chan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • Voivodato de Polonia, nas chairas do NL do país (6.362 km2; 436.900 h [estim 1998]). A capital é Ciechanów (47.100 h [1996]). É unha rexión fundamentalmente agraria na que as actividades agropecuarias están favorecidas polas condicións climáticas e topográficas. Destacan as producións cerealísticas e hortofrutícolas, así como a gandería bovina. No s XX, na época comunista, desenvolveuse un certo tecido industrial, concentrado especialmente na capital e baseado nos subsectores metalúrxico, mecánico e eléctrico. Os seus xacementos de arxila permiten o aproveitamento para a industria cerámica. En 1526 incorporouse ao Reino de Polonia e no s XVII sufriu unha gran devastación como consecuencia das invasións suecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1964 por Modesto Fernández Rodríguez, director ata 1998, en colaboración con outros membros deste colectivo musical. Dende 1998 está dirixida por Juan Carlos Troitiña Mota. Entre outros, foron os seus presidentes José Manuel Lorenzana, Ignacio Ramírez Pérez, José Luis Valcarce López, Ángel Gómez Montero e Víctor Arias Pérez. A súa primeira actuación foi no cine Capitol de Chantada o 8 de xullo de 1965, iniciando así unha serie de actuacións dentro e fóra de Galicia (Monforte, Ribadavia, Ourense, Lugo, Portomarín, Vigo e Oviedo). Promocionou a primeira actuación pública do cantautor Andrés do Barro, quen en 1970 foi o produtor do primeiro disco gravado pola Coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e ecólogo norteamericano. Profesor de botánica na Universidade de Chicago (1925), foi un dos iniciadores da xeobotánica americana. Introduciu o concepto de sucesión, desenvolvido posteriormente por Clemens, no seu estudo Vegetation of Sand Dunes of Lake Michigan (A vexetación das dunas de area do lago Michigan, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Álvaro Cunqueiro en 1956, que recibiu en 1958 o Premio da Crítica na súa versión en castelán. A narración está ambientada na Bretaña francesa dos tempos da Revolución Francesa, unha terra de pasaxeiros, defuntos, fantasmas e cabaleiros. Nas súas páxinas narra unha curiosa viaxe que o sochantre de Pontivy, chamado Charles Anne Guenolè Mathie de Crozon, realiza polas terras bretonas para participar en Quelvén no enterramento dun fidalgo. O narrador dá abundantes noticias do sochantre: nacido en 1762 e fillo único, ten un ollo de vidro, é orfo de nai desde os 11 anos e culmina a súa paixón pola música (trompeta, danza e bombardino) aos 22 anos cando figura como sochantre na capela de Pontivy e hóspede na casa da viúva madame Clementina Marot. A viaxe do sochantre realízase nunha carroza na que vai acompañar un grupo de defuntos que de noite recuperan a súa forma esquelética: son o Coulaincourt de Bayeux, Clarina de Saint-Vaast (a única muller do grupo), Guy Parbleu,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen despacha, especialmente referido a funcionarios aduaneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz que designa a persoa que creba as pechaduras para roubar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro estadounidense. Durante a Guerra de Secesión contruíu, por encargo do goberno da Unión, sete canoneiros de 600 toneladas, ao tempo que habilitaba 25 navíos para finalidades militares. Constructor dunha gran ponte de aceiro sobre o río Mississippi á altura de Saint Louis (1867-1874), abriu unha canle navegable ao S da desembocadura do Mississippi, que permitiu a transformación de New Orleans en porto de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático costarriqueño. Foi secretario xeral do Partido Unión Nacional (1947) e embaixador nos EE UU (1950-1951). Nomeado ministro de Relacións Exteriores (1951-1953), foi presidente da República (1958-1962). Durante o seu mandato traballou pola mellora das infraestruturas e pola extensión do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado colombiano. Vinculado ao Partido Liberal (PL), ocupou diversos cargos administrativos como ministro de Interior (1934-1935, 1937, 1942 e 1948-1949), de Asuntos Exteriores (1934-1935) e de Educación Nacional (1935-1936). Ocupou interinamente a presidencia da República entre novembro de 1943 e maio de 1944, e foi novamente ministro de Xustiza (1966-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral. Especializado en comedia, participou, entre outras, nas películas Tiempo de silencio (1986), Divinas Palabras (Premio Goya ao mellor actor secundario, 1987), La noche más larga (1990), Orquesta Club Virginia (1992), Madregilda (Premio Goya ao mellor actor principal, 1994, e Concha de Plata ao mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, 1993), Los años bárbaros (1998), ou Jara (2000). No apartado teatral participou en diversas montaxes, entre as que destacan El Verdugo (Premio Max ao mellor actor protagonista, 2000), e Alrededor de Borges (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira academia francesa de música que absorbeu o Conservatorio en 1795. Tiña a función de fornecer de cantantes a ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do Canal da Mancha .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio de mesa amodo de tenaces que se emprega para partir a casca de noces, abelás e outros froitos secos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘fechadura’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que pasou a Castela e Andalucía. As súas armas traen, en campo de ouro, tres faixas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Oco que se fai ou que hai nun terreo.

      2. Burato que hai nunha estrada ou camiño.

    1. Pendente producida por un corte no terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente ao grupo poético Viernes, a súa poesía está impregnada de crioulismo. Publicou Virajes (1931) e Las torres desprevenidas (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘panca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...

    VER O DETALLE DO TERMO