Ciechanów
Ciechanów
Voivodato de Polonia, nas chairas do NL do país (6.362 km2; 436.900 h [estim 1998]). A capital é Ciechanów (47.100 h [1996]). É unha rexión fundamentalmente agraria na que as actividades agropecuarias están favorecidas polas condicións climáticas e topográficas. Destacan as producións cerealísticas e hortofrutícolas, así como a gandería bovina. No s XX, na época comunista, desenvolveuse un certo tecido industrial, concentrado especialmente na capital e baseado nos subsectores metalúrxico, mecánico e eléctrico. Os seus xacementos de arxila permiten o aproveitamento para a industria cerámica. En 1526 incorporouse ao Reino de Polonia e no s XVII sufriu unha gran devastación como consecuencia das invasións suecas.