Ciego de Ávila
Ciego de Ávila
Provincia de Cuba (6.910 km2; 367.489 h [estim 1990]). A capital é Ciego de Ávila (95.641 h [1995]). Na súa maior parte é unha ampla chaira formada por terreos calcarios. A súa economía baséase na agricultura (especialmente no cultivo de cereais, legumes, tabaco) e na pesca, principalmente no Mar Caribe. Existen pequenos xacementos de petróleo.