Ciempozuelos
Ciempozuelos
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, bañado polo río Jarama e polo seu afluente o Tajuña (12.445 h [1996]). A agricultura (cereais, oliveiras) e a gandería (ovina e lanar) constitúen a base da súa economía. Dentro do termo desta localidade está a necrópole de Ciempozuelos.