"Cher" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral do ministerio da Guerra (1929), sucedeu a F. von Papen na chancelaría (1932). Preparou un programa de salvación nacional e intentou un golpe de estado coa axuda dos sindicatos socialistas. Falloulle o exército e tivo que dimitir (1933). Foi asasinado polos nazis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo. Está considerado o teólogo do romanticismo alemán, tanto pola súa obra Der Christliche Glaube nach den Grundsätzen der Evangelischen Kirche (A fe cristiá segundo os principios da Igrexa Evanxélica, 1821-1822) como pola súa interpretación do feito relixioso en Über die Religion (Sobre a relixión, 1799) ou Monologen (Monólogos, 1800). Destacan tamén Dialektik (Dialéctica, 1903) e Hermeneutik (Hermenéutica, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Automobilista alemán. Debutou en Fórmula 1 no GP de Bélxica (1991) e conseguiu máis de 70 vitorias en grandes premios. Proclamouse 7 veces campión do mundo (1994, 1995, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. Partidaria do abolicionismo, escribiu Uncle Tom’s Cabin or Life Among the Lowly (1851), sobre as tensións que levaron á Guerra de Secesión en EE UU, e Old Town Folks (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política inglesa. Coñecida como a Dama de ferro, en 1950 ingresou no Conservative Party e en 1975 foi elixida líder do mesmo. En 1979 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de primeira ministra en Europa. Foi reelixida en 1983 e 1987 e impulsou o liberalismo económico. A impopularidade da lei de impostos Pol Tax e a dimisión do ministro de finanzas Lawson (1989) e do seu conselleiro privado fixeron que dimitise en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e xenetista. Redescubriu as leis de Mendel sobre a herdanza (1900), creou diversas variedades de híbridos e elaborou a teoría da criptomaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e ecumenista. Pastor da Igrexa Evanxélica, impulsou a unión dos cristiáns desde o secretariado Fe e Constitución (1961) do Consello Ecuménico das Igrexas, do que foi director (1966-1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do mar do Norte, na provincia de Zelanda, Países Baixos, entre o brazo oriental do Escalda ao N e o occidental ao S (213 km2). Está unida por pontes e diques ás outras illas do delta do Escalda e á terra firme. Nela está a capital de Zelanda, Middelburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Ademais de Der Totenwald (O bosque dos mortos, 1946), que recolle a súa experiencia no campo de concentración de Buchenwald (1938), destacan as novelas Die Flucht (A fuxida, 1916), Die Majorin (A sarxenta, 1934) e Missa sine nomine (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz dos franceses. En 1796 casou con Napoleón I Bonaparte, que a coroou emperatriz, despois de casar pola igrexa (1804). Napoleón pediulle o divorcio en 1809.
VER O DETALLE DO TERMO