Walcheren
Walcheren
Illa do mar do Norte, na provincia de Zelanda, Países Baixos, entre o brazo oriental do Escalda ao N e o occidental ao S (213 km2). Está unida por pontes e diques ás outras illas do delta do Escalda e á terra firme. Nela está a capital de Zelanda, Middelburg.