"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • GALICIA

    Ilustrador. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en diversas publicacións (Tempos, Elipse, Golfiño, Frente Comixario, etc), realizou as ilustracións dos seguintes libros: Contos do paxaro azul (1994), A lenda da cidade asolagada (1995), O dado de lume (1997), O monstro da chuvia (1998) e O laboratorio do Dr. Nogueira (1998), entre outros. Dende 1998 realiza traballos de animación. Recibiu o primeiro premio no concurso nacional de cómics de Getafe (1988 e 1991) e no certame de banda deseñada Xuventude 94.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero, músico e poeta. Recibiu unha esmerada formación musical e chegou a ser violoncelista primeiro da catedral mindoniense. Como poeta tiña unha gran facilidade para versificar e mesmo houbo ocasións nas que conversou en verso, como aconteceu nunha tertulia na que, tomando café cos amigos, escribiu “Oda al Vaticano”. No eido da música deixou algunhas notables composicións, non coleccionadas como La Redención, La España que muere, El Sol del Vaticano e Mi hermosa niña murió.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Adepto ás ideas liberais, colaborou coa administración bonapartista durante a invasión francesa da Península Ibérica, exercendo a partir de 1810 a subprefectura de Almería, e diversos cargos políticos en Granada. Trala restauración da lexitimidade monárquica na persoa de Fernando VII, en 1812 exiliouse a París. Despois da súa volta, no 1819, publicou un periódico denominado Miscelánea de comercio, artes e literarura. En 1822 converteuse en director de El Imparcial. Realizou a negociación dun importante empréstito en París en 1824, onde estableceu contacto con Aguado, a quen dirixiu unha Exposición na que pedía unha serie de reformas moderadas. En 1833 comezou a exercer no ministerio de Fomento, desde o que implantou a división peninsular en provincias, e creou os cargos de subdelegados de fomento (futuros gobernadores civís). Activou a reforma do sistema tributario programado por Ramón de Santillán. En 1846 foi ministro da Gobernación. É autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e orientalista inglés. Residiu na India entre 1842 e 1847. Fixo unha peregrinación á Meca en 1853 sobre a que escribiu Pilgrimage to Al-Medina and Meccah (Peregrinación á Medina e á Meca). Explorou a Costa de Ouro, Dahomey e Benin. Foi cónsul en Santos, Brasil (1865), Damasco (1869) e Trieste (1871). Tivo unha gran difusión a súa notable tradución de As mil e unha noites (1885-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista internacional. Formado na disciplina do Brigantium da súa cidade natal, pasou ao Real Club Deportivo de La Coruña, onde se converteu en profesional. Militou despois no Real Mallorca e no Sevilla Club de Fútbol. As súas actuacións neste último equipo provocaron que o convocase a selección española, coa que acudiu aos Campionatos Mundiais de España 1982, México 1986 e Italia 1990, e ás Eurocopas de Francia 1984 e Alemaña 1988. En 1985 fichou polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo co que acadou seis títulos de Liga, cinco deles consecutivos (entre 1985-1986 e 1989-1990) e outro na tempada 1994-1995, ademais de dous títulos da Copa do Rei. Entre outras distincións individuais, recibiu o Premio Ricardo Zamora en varias edicións, como porteiro menos goleado do campionato de liga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Membro do partido demócrata, foi representante no congreso no 1911 e senador de 1931 a 1941. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do Tribunal Supremo e da oficina de mobilización industrial e de reconversión. Secretario de estado de 1945 a 1947, defendeu a permanencia das tropas dos EE UU en Europa ata a conclusión dos tratados de paz. Foi gobernador de Carolina do Sur de 1951 a 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro e diplomático ilustrado, conde de Cabarrús. Á súa iniciativa débese a creación do Banco de San Carlos (1782), o primeiro banco oficial da monarquía, do que foi director; a creación duns vales reais para financiar a guerra con Gran Bretaña (1779-1783) e a formación da Compañía de Filipinas (1785), que monopolizou o comercio con Asia. Foi conselleiro de Facenda con Godoy e, a partir de 1797, como ministro plenipotenciario, realizou diversas misións diplomáticas en Europa a favor do Directorio, entre as que cómpre salientar as conversas de paz franco-británicas de Lille. Así mesmo, foi director da Caixa de Consolidación de Vales creada por Murat en 1808. Ao acceder ao trono Xosé I Bonaparte, foi nomeado ministro de Facenda. Entre outras obras escribiu: Erudición política: despertador sobre el comercio, agricultura y manufacturas, con abisos de buena política (1743), Cartas sobre los obstáculos que la naturaleza, la opinión y las leyes oponen a la felicidad pública (1792-1793), dirixidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e médico. Colaborador da prensa liberal e republicana no primeiro cuarto do século, a partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista. Publicou o escrito de vindicación político-social Despertad gallegos! (1908), o poemario Versos gallegos: cantigas e cousas da nosa terra (1919), o estudo La Universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (1924) e a novela Semprenoiva (1925?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Dende os seus cargos como reitor do Colexio de Fonseca e membro do claustro universitario compostelán, organizou o Batallón Literario e perseguiu os profesores afrancesados tralo regreso de Fernando VII, de quen obtivo unha pensión vitalicia. Foi fundador de El Sensato, publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela en 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou pedagoxía nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, exerceu como inspector xefe de ensino primario en Lugo. En 1977 foi elixido senador por Lugo na candidatura de Alianza Popular (AP), cargo que renovou nas seguintes lexislaturas. De 1982 a 1986 foi conselleiro de Educación no primeiro goberno galego, presidido por Xerardo Fernández Albor. Dende 1983 é presidente da Deputación de Lugo. No 2000 abandonou a dirección provincial do PP. Foi galardoado coa medalla de ouro da Cruz Vermella e elixido lucense do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Eubea, na rexión Central, Grecia (44.867 h [1981]). Está situada na illa de Eubea, na costa occidental. Na Antigüidade foi metrópole de numerosas fundacións na Calcídica, na Sicilia e na Magna Grecia (ss VIII-VII a C). As súas cerámicas tiveron gran sona durante o s VI a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e naturalista colombiano. Estudiou a vexetación de Colombia e Ecuador, e participou na expedición de Humboldt e Bonpland. Colaborou na expedición de J. C. Mutis por Perú e Nueva Granada, e dirixiu o observatorio astronómico de Santa Fe. Debido ao seu illamento científico tivo que construírse os seus propios instrumentos de observación e inventou o hipsómetro. Participou como coronel na Guerra da Independencia, na que foi apresado e fusilado polas tropas realistas. As súas obras máis importantes son Memoria sobre la nivelación de las plantas que se cultivan en la vecindad de Ecuador (1801) e Estado de la geografía del virreinato de Santa Fe de Bogotá (1807).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e avogado. Foi profesor de dereito na Universidade de Coimbra, oidor da Audiencia do Porto e conselleiro do rei de Portugal. Da súa obra, destaca a Epistola nuncupata (Epístola solemne, 1582), Commentarius analiticus de renovatione emphyteutica (Comentario analítico sobre a renovación enfitéutica, 1585) e Tractatus de emptione et venditione (Tratado de compra e venda, 1617).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Xeografía e Historia coa tese A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. É profesor de ensino medio en Pontevedra. A súa actividade investigadora céntrase na antropoloxía mariñeira e na arqueoloxía castrexa, sobre todo no aspecto artístico, amais do seu interese pola etnografía. Participou en diferentes escavacións no Neixón, na Lanzada, Meirás, Castromao, etc, e dirixiu as que se realizaron no castro de Baroña entre 1980 e 1984. É autor de La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son (1978), As artes de pesca (1980), A cultura castrexa (1993), Xentes do mar: traballos, tradicións e costumes (1996), Castro de Baroña (1997) e Galicia. Antropoloxía (1997). Colaborou na publicación Cuadernos de Estudios Gallegos. É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, da Sociedade Portuguesa de Antropologia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político absolutista. Iniciou a súa andaina política con Manuel Godoy e baixo a protección de Lardizábal, do que foi secretario. Ao entrar os Cen Mil Fillos de San Luís (1823) na Península, foi nomeado secretario da rexencia absolutista e ministro de Gracia e Xustiza (1823-1832). Trala morte de Fernando VII exiliouse, despois de apoiar a sucesión ao trono de Carlos María Isidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humorista. Coñecido como Xan das Canicas, traballou como reposteiro e actor. Home de grande enxeño, comezou a exercer a súa profesión despois de gañar no ano 1947 un concurso organizado por Radio Pontevedra. Foi na emisora Voz de Vigo, no programa Xuntanza de amigos, onde intensificou a súa participación no mundo radiofónico. Logo colaborou nalgúns programas de Radio Nacional de España e en Radio Pontevedra-Cadena Ser xunto á locutora María Elena Alonso. Viaxou polas principais cidades e vilas de Galicia, e percorreu Brasil, Uruguay, Arxentina, Venezuela e Colombia, onde triunfou na radio e na televisión. En América sería precisamente onde comezou a representar obras teatrais coa compañía Diosiño. Por mor da súa contribución ás causas humanitarias recibiu a Cruz da Solidariedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid. Dende 1976 colaborou como crítico de arte no xornal El País. Foi director do Museo del Prado. É autor, entre outros, dos libros: Luis Gordillo (1981), La teoría de la pintura en el Siglo de Oro (1981), España, medio siglo de arte de vanguardia. 1939-1985 (1986), Vanguardia y tradición en el arte español contemporáneo (1988), Pintores españoles entre dos fines de siglo (1880-1990) (1990), Velázquez (1991), Luis Paret y Alcázar (1746-1799) (1991), La imagen románica de España: arte y arquitectura del s XIX (1994), El Greco (1995), El Guernica de Picasso (1999) e Libertad de exposición: una historia del arte diferente (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. Afiliado á Unión Liberal, participou na Revolución de 1868, foi ministro de Finanzas en catro ocasións entre 1872 e 1886 e declarouse partidario de sanear sen concesións a economía estatal. Intentou prescindir de impostos anticuados e aumentalos na rama industrial, feito que promoveu sonadas protestas en Barcelona (1882). En 1885 organizou as economías das provincias e a Inspección General de Hacienda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou as súas colaboracións xornalísticas en Madrid en distintas publicacións como Blanco y negro, na que asinou numerosas crónicas de viaxe co pseudónimo de El Hidalgo de Tor. Posteriormente, emigrou a Bos Aires e alí colaborou con El Diario Español e La Nación, entre outros xornais. Publicou Novelas lóstregos. Amor de pai (1900), a novela curta O terruño (1900) e o conto “No hespital” (1904), ademais doutros relatos en distintas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO