"ECA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 560.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período comprendido entre a volta ao poder absolutista de Fernando VII en España, apoiado polos Cen Mil Fillos de San Luís (outubro do 1823), e a súa morte, en setembro de 1833. Este período caracterizouse pola forte represión anticlerical, polo agravamento da crise do Antigo Réxime e pola reforma, iniciada polos absolutistas, de facenda e da administración. Estas reformas fixeron que o clero e a fidalguía constituísen un partido apostólico, encabezado polo irmán do rei, Carlos María Isidro. Fernando VII, sen fillos ata o seu cuarto matrimonio con María Cristina de Nápoles, declarou sucesora a súa única filla, a infanta Isabel (1830), e a súa nai viuse na obriga de buscar o apoio dos liberais para defender o dereito ao trono da súa filla. A recuperación do absolutismo contou en Galicia coa axuda das clases dirixentes e da Igrexa. Entre os seus partidarios cómpre destacar a Rafael de Vélez (Santiago de Compostela), Dámaso Iglesias Lago (Ourense), José Antonio de Azpeitia y Sáenz (Lugo) ou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Historia general de los hechos de los castellanos en las islas y Tierra Firme del mar Océano (1601-1615) de Antonio de Herrera. Está dividida en oito décadas e foi a primeira obra sistemática sobre a América do período 1492-1554.
-
-
-
Acción e efecto de decaer.
-
Período no que se produce a decadencia.
-
-
Proceso de debilitamento dun sistema social como consecuencia do desenvolvemento progresivo e a consolidación no seu seo de novos elementos antitéticos que preparan o cambio social e configuran un novo sistema social. Dende unha visión estática da historia, cualificouse como un período histórico de crise xeral no que concorren unha serie de fenómenos, en contraposición a outras épocas de maior esplendor ás que se desexa volver. A partir dunha perspectiva histórica evolucionista, defendeuse que todas as sociedades pasan por uns períodos de expansión, decadencia e morte que dan paso a sociedades superiores, nunha visión gradual e cíclica do progreso humano. As correntes historiográficas máis recentes superaron estas concepcións. Non existen uns períodos superiores e outros inferiores no desenvolvemento da historia, senón sociedades, sistemas sociais cualitativamente diferentes que son substituídos por procedementos dialécticos: ao tempo que se consolida un sistema desenvólvense nel elementos...
-
-
-
Que decae ou está en decadencia.
-
Relativo ou pertencente á unha época de decadencia.
-
-
Relativo ou pertencente ao decadentismo.
-
escola decadente /
decadentismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico e literario nacido en Francia a finais do s XIX, no clima de derrota nacional, xerado polas sucesivas crises que seguiron o Segundo Imperio e a guerra de 1870. A xustificación do termo e a ideoloxía parten das teorías de Giambattista Vico, Rousseau e do estudo de Montesquieu sobre a decadencia dos imperios. Influído polo pensamento de Schopenhauer, reflicte a angustia vital que xurdiu do contraste entre as ambicións desmedidas do sistema capitalista emerxente e da ciencia positivista, e a limitación dos seus resultados, que negaban os valores da sociedade tradicional e, en especial, da relixión, sen propoñer unha alternativa. O baleiro espiritual traduciuse nunha crítica ao pretendido progreso que se manifestou nunha certa nostalxia de épocas pasadas, acompañada dunha compracencia estética morbosa nos signos da decadencia do momento histórico contemporáneo: corrupción moral, crueldade, exaltación da forza e gusto polo enfermizo e depravado. Comportaba sentimentos de...
-
-
Relativo ou pertencente a un período de decadencia ou ao decadentismo.
-
Que ou quen é partidario do decadentismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao decaedro.
-
Que ten forma de decaedro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedro de dez caras.
-
-
Acción ou efecto de decaer.
-
Estado da persoa ou cousa decaída.
-
Transformación na estrutura interna de certos núcleos que pode estar provocada pola interacción con outras partículas (principalmente α ou β) e que recibe, neste caso, o nome de reacción nuclear. Este fenómeno vai acompañado a miúdo pola emisión de radiación electromagnética.
-
Paso dun átomo ou dunha molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen que se produza emisión de radiación electromagnética
-
-
-
Perder alguén ou algo o seu vigor, a súa forza ou as súas calidades.
-
Pasar dun nivel determinado de enerxía a outro de enerxía inferior.
-
Desviarse unha nave do rumbo que tiña que seguir polo vento, a corrente ou a marusía.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao decágono.
-
Que ten dez ángulos.
-
Que ten por base un decágono.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polígono que consta de dez ángulos e, xa que logo, de dez lados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa equivalente a dez gramos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que contén, asociada a cada unha das súas moléculas, dez moléculas de auga de cristalización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo bicíclico que se presenta nas formas isoméricas cis- e trans-; a primeira é moi soluble en alcol e ferve a 195°C, e a segunda é bastante soluble en alcol e ferve a 185°C. A forma comercial é unha mestura dos dous esteroisómeros e emprégase como disolvente. Coñécese tamén co nome rexistrado de decalina.
-
-
de decaer.
-
Que se sente debilitado física ou moralmente.
-
-
-
Desprazamento no tempo ou no espacio.
-
Falta de correspondencia entre os fragmentos óseos dunha fractura pola súa rotación.
-
Distancia entre os bordos de ataque das ás dun avión biplano, medida paralelamente á bisectriz do ángulo que forman as cordas dos planos.
-
Proceso de transmisión da información cando unha conta ou anunciante pasa dun director a outro, ou no seu defecto, dun membro do departamento de contas a outro.
-
Desprazamento de todos os elementos dunha cadea en dirección a un dos extremos. En particular, desprazamento ao longo dun certo número de posicións dos caracteres ou cifras dunha palabra en dirección a un dos extremos. Se a palabra é un número a decalaxe recibe o nome de aritmética e equivale á multiplicación do número por unha potencia (positiva ou negativa) da base. Chámaselle decalaxe lóxica a todo aquilo non aritmético; neste caso, o signo non existe e as cifras decaladas máis alá do extremo da palabra pérdense (en cambio na decalaxe cíclica as cifras perdidas localízanse de novo no extremo contrario).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento brusco da calor absorbida por unha masa ao quentarse cando a temperatura acada un punto crítico. O fenómeno vai acompañado de transformacións alotrópicas e dun arrefriamento superficial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome rexistrado do decahidronaftaleno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida de capacidade que equivale a dez litros.