"Erva" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 153.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Román, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto alimentario estabilizado por un tempo limitado mediante un tratamento adecuado e envasado en recipientes impermeables á auga a unha presión normal. O condicionamento inadecuado, ás veces por ser confundidas con conservas verdadeiras, pode ser causa de intoxicacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero carnívoro que pode chegar a ter unha lonxitude total de 150 cm e unha altura de 50 cm. O pelame é de cor amarela pálida con manchas ovais negras. É nocturno e aliméntase de paxaros e de pequenos mamíferos. É típico de case toda África.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino cristián-romano que provén do latín Servandus, de servāre ‘que ha de ser gardado, que se ha de conservar’, que nun principio era un alcume de escravos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III-IV) Mártir. Leigo de Osuna, sufriu martirio con san Xermán en tempos de Diocleciano e morreu decapitado. Represéntase con traxe segrar ou de soldado romano, como soldado de Xesús Cristo, con cadeas suxeitas aos pés como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.
-
CAPITAIS
Capital situada no megye de Fejér, Hungría (105.000 h [2000]). Ten a principal fábrica de aluminio de Hungría. Xurdida en época romana (Herculia) nunha encrucillada comercial e militar, e chamada Alba Civitas na Idade Media, foi capital do Reino de Hungría ata o s XIII. Estivo en poder dos turcos de 1543 a 1688.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten tres nervios claros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político fundado en 1898 arredor da figura de Francisco Silvela y de Le Vielleuze. Integrárono, desde a morte de Cánovas del Castillo, parte dos membros do Partido Conservador que defendían unha maior honestidade administrativa (silvelistas). Cun programa rexeneracionista e descentralizador, acadou o poder en 1899, aínda que a súa política de atracción da burguesía conservadora fracasou rapidamente, a causa das súas medidas fiscais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo independente creado en 1956 coa finalidade de impedir o exterminio de especies ameazadas de extinción, racionalizar a xestión do medio e a preservación das zonas en parques naturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado en Mount Wilson (California). G. E. Hale comezou a súa construción en 1904. En 1908 foille instalado un telescopio reflector de 1,5 m de diámetro, e en 1918 un de 2,5 m, o máis grande do mundo. Desde 1948, xunto co observatorio Palomar, depende do Californian Institute of Technology, e desde 1970 ambos os dous son coñecidos como Observatorios Hale.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de etimoloxía escura que podería proceder do xermánico gaira-hwas ou gaira-bald ‘arriscado coa lanza’.
-
PERSOEIRO
Mártir, irmán xemelgo de san Protasio e fillo de san Vidal e santa Valeira. Xunto co seu irmán, vendeu os seus bens e distribuíunos entre os pobres. Convertidos, morreron en tempos de Nerón. Santo Ambrosio atopou os seus corpos en 386. Represéntase co flaxelo e a espada. A súa festividade celébrase o 19 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político grego. Participou nos diversos pronunciamentos militares entre 1922 e 1926. Durante a Segunda Guerra Mundial fundou e dirixiu o EDES e despois ELAS. Reincorporado ao exército cos seus homes durante o goberno de Tsaldaris (1946), fundou o partido nacionalista e, xa reinstaurada a monarquía de Xurxo II, foi ministro de Interior (1947) e de Obras Públicas (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO