"Eva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • PERSOEIRO

    Economista e historiador norteamericano. Profesor de economía política (1930-1935) e director dos servicios de investigación histórica (1935-1939) na Princeton University, foi director da Biblioteca do Congreso dos EE UU (1945-1953) e director xeral da UNESCO (1953-1958). Entre as súas obras destacan New Guinea under Australian mandate rule (Nova Guinea baixo o mandato australiano, 1929), The Virgin islands: from naval base to new deal (As illas Virxes: desde unha base naval ata un novo acordo, 1945), Copyright and the public interest (Copyright e interese público, 1949) e The decade of development: problems and issues (Unha década de desenvolvemento: problemas e cuestións, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de George Eliot, tivo unha sólida formación cultural e estivo influída nas súas ideas filosóficas e relixiosas polos intelectuais racionalistas. En Londres publicou ensaios sobre a literatura e filosofía francesa e alemá en Westminster Review. Da súa produción destaca Scenes Clerical Life (Escenas sobre a vida clerical, 1898), Silas Marner (1861) e Impressions of Theofrastus Such (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Estudiou en Kenilworth, traballou nunha biblioteca pública en Nova York e, posteriormente, trasladouse a París para estudar na Sorbonne. Regresou a Nova York en 1927 e comezou a traballar como fotógrafo. No ano 1930 ilustrou o libro The Brigde e comezou unha serie sobre casas vitorianas que se expuxo no MOMA neoiorquino en 1933. A súa primeira exposición individual tivo lugar na galería Julien Levy. Traballou para a Fram Security Administration (FSA) e con Lincoln Kirstein na revista Hound & Horn. En 1935 realizou fotografías sobre arte africana no MOMA para distribuílas por centros de ensino. Colaborou tamén nas revistas Fortune e Time. A partir de 1965, e ata a súa morte, exerceu como profesor de deseño gráfico na Universidade de Yale. Publicou: American Photographs (Fotógrafos americanos, 1938), Let Us Now Praise Famous Men (1941) e Message from the Interior (Mensaxe dende o interior, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz. Coñecido como Bill Evans, recibiu formación musical no Southeastern Louisiana College de New Orleans. Nos anos cincuenta colaborou, entre outros, con Jerry Wald, Cannonball Adderley, Lucy Reed, Charles Mingus e Miles Davis. O seu primeiro trío formouno con Teddy Kotick e Paul Motian, cos que gravou o disco New Jazz Conceptions.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo inglés. Formado en Oxford e na London School of Economics and Political Science, foi catedrático de Antropoloxía Social na Oxford University entre 1946 e 1970. Entre 1926 e 1939 realizou diversas expedicións ás rexións nororientais e centrais de África. Interesouse pola organización política e as institucións sociais dos pobos africanos, especialmente dos azandes e dos nuers. Entre 1942 e 1944 levou a cabo traballos de campo entre os beduínos do N de África. Entre as súas obras destacan Witchcraft, Oracles and Magic among the Azande (Bruxería, oráculos e maxia entre os azande, 1937), The Nuer: a Description of the Modes of Livelihood and Political Institutions of the Nilotic People (Os nuer: unha descrición dos modos de vida e institucións políticas dos pobos do Nilo, 1940), The Sanusi of Cyrenaica (Os Sanusi da Cirenaica, 1949) e, en colaboración con Meyer Fortes publicou African Political Systems (Sistemas políticos africanos, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato hidratado básico, de fórmula PO4(OH)6 Al3·6H2O, amorfo e de cor branca, amarela, verde ou azul, e raia de cor branca. Ten unha densidade de entre 1,9 e 2. En Galicia existen xacementos deste mineral en Porto do Son, Vimianzo e Entrimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Indiana, EE UU, na marxe dereita do río Ohio (126.270 h [1990]). É un centro industrial e comercial moi importante pola súa situación ao S da conca hulleira de Indiana. Fundada o 27 de marzo de 1812 polo coronel Hugh MacGary, recibiu o nome do primeiro lexislador da área Robert M. Evans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro litúrxico no que se recollen os evanxeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Evanxeo.

    2. Aplícase ao que ou a quen pertence á Igrexa Evanxélica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe cristiá, evocador do Evanxeo. Etimoloxicamente procede do grego ε ὐ αγγέλιον ‘boa nova’, a través do latín evangelĭu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos catro discípulos de Xesús aos que se lles atribúe a autoría dunha das versións canónicas do Evanxeo (san Mateo, san Marcos, san Lucas e san Xoán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de evanxelizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo fundamental da fe cristiá. A palabra evanxeo, que significa ‘boa nova‘, pasou a entenderse como o conxunto das ensinanzas e o testemuño de Xesús de Nazaret.

    2. Cada un dos catro primeiros libros do Novo Testamento nos que se contén a mensaxe cristiá. As proclamas evanxélicas fixéronse, en orixe, de viva voz. As primeiras predicacións axiña foron recollidas por escrito na lingua dos apóstolos, o arameo. Posteriormente, diversas tradicións e sucesivos conxuntos redaccionais xurdiron nas distintas comunidades cristiás (san Lucas, na introdución ao seu Evanxeo, alude a esta pluralidade de escritos). Entre os diversos relatos que apareceron no s I, houbo catro que se impuxeron oficialmente dende a Igrexa, que os recoñece como canónicos: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. Segundo as investigacións bíblicas, o máis antigo é o Evanxeo segundo San Marcos. O autor deste Evanxeo parece que foi un curmán de Bernabeu, Marcos, que puxo por escrito a predicación en arameo de san Pedro aos membros da Igrexa de Roma; cabe situar a redacción a finais dos anos sesenta. Algúns eséxetas sinalan que corresponde a unha comunidade xudeocristiá...

    3. Parte da liturxia eucarística que consiste na lectura dun fragmento dos Evanxeos.

    4. Lado esquerdo do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia á situación do misal cando se lía o Evanxeo na misa segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode evaporar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aporización dun líquido na superficie que o separa da fase gasosa coa que se atopa en contacto. A evaporación débese á axitación térmica das moléculas do líquido e ten lugar mentres a presión parcial destes compoñentes na fase gasosa é inferior á presión de saturación. Industrialmente, aplícase a evaporación á concentración de solucións, eliminando unha parte do disolvente (xeralmente auga), para a obtención de substancias orgánicas de produtos naturais, para a separación de substancias que se obteñen por reaccións químicas en solución ou ben existentes en solucións naturais, para a conservación de produtos orgánicos ou, simplemente, para obter unha solución máis concentrada. A evaporación ten lugar nuns aparatos denominados evaporadores, e distínguese a evaporación de efecto simple, cando o paso da solución polo evaporador representa a operación completa, e a evaporación de efecto múltiple, cando se divide a operación en diversas fases en cada unha das cales se emprega...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evapora.

    2. Aparato que se emprega na concentración de solucións por evaporación do disolvente. Fundamentalmente ten a estrutura dun intercambiador de calor, tubular ou con camisa de vapor. Para as substancias termicamente inestables empréganse os evaporadores de película axitada, nos que se distribúe o líquido pola superficie de calefacción mediante un axitador, co fin de aumentar a transmisión de calor e obter unha maior evaporación cun pequeno aumento de temperatura e un reducido tempo de paso polo aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter un líquido en vapor.

    2. Facer desaparecer algo.

    3. Converterse un líquido en vapor.

    4. Desaparecer algo ou algúen sen ser notado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce evaporación.

    VER O DETALLE DO TERMO