Evans, Walker
Fotógrafo norteamericano. Estudiou en Kenilworth, traballou nunha biblioteca pública en Nova York e, posteriormente, trasladouse a París para estudar na Sorbonne. Regresou a Nova York en 1927 e comezou a traballar como fotógrafo. No ano 1930 ilustrou o libro The Brigde e comezou unha serie sobre casas vitorianas que se expuxo no MOMA neoiorquino en 1933. A súa primeira exposición individual tivo lugar na galería Julien Levy. Traballou para a Fram Security Administration (FSA) e con Lincoln Kirstein na revista Hound & Horn. En 1935 realizou fotografías sobre arte africana no MOMA para distribuílas por centros de ensino. Colaborou tamén nas revistas Fortune e Time. A partir de 1965, e ata a súa morte, exerceu como profesor de deseño gráfico na Universidade de Yale. Publicou: American Photographs (Fotógrafos americanos, 1938), Let Us Now Praise Famous Men (1941) e Message from the Interior (Mensaxe dende o interior, 1966).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Saint Louis, Missouri -
Deceso
Lugar : New Haven, Connecticut