Evans-Pritchard, Edward Evan
Antropólogo inglés. Formado en Oxford e na London School of Economics and Political Science, foi catedrático de Antropoloxía Social na Oxford University entre 1946 e 1970. Entre 1926 e 1939 realizou diversas expedicións ás rexións nororientais e centrais de África. Interesouse pola organización política e as institucións sociais dos pobos africanos, especialmente dos azandes e dos nuers. Entre 1942 e 1944 levou a cabo traballos de campo entre os beduínos do N de África. Entre as súas obras destacan Witchcraft, Oracles and Magic among the Azande (Bruxería, oráculos e maxia entre os azande, 1937), The Nuer: a Description of the Modes of Livelihood and Political Institutions of the Nilotic People (Os nuer: unha descrición dos modos de vida e institucións políticas dos pobos do Nilo, 1940), The Sanusi of Cyrenaica (Os Sanusi da Cirenaica, 1949) e, en colaboración con Meyer Fortes publicou African Political Systems (Sistemas políticos africanos, 1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Crowborough, Sussex -
Deceso
Lugar : Oxford