"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Calidade de apofático.

    2. Corrente teolóxica que propugna a Teoloxía apofática, tamén chamada negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristolóxica de Apolinar de Laodicea e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de apolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno psíquico caracterizado por unha imposibilidade de realizar os actos da vida cotiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina gnoseolóxica que afirma a preeminencia do coñecemento a priori sobre a experiencia.

    2. Método de razoamento fundamentado nas ideas a priori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supresión ou considerable diminución da secreción salival.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idiotismo peculiar da lingua árabe.

    2. Palabra ou xiro da lingua árabe que se emprega noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico provocado pola picada dos arácnidos, as arañas especialmente. Pode comportar trastornos locais no lugar da picadela ou trastornos xerais que, ás veces, poden chegar a producir a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou xiro de procedencia aragonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de pensamento político-económico, xurdida na Castela de finais do s XV, e que tivo vixencia ata principios do s XVIII. Propoñía unhas medidas sinxelas e únicas para superar etapas de decadencia económica. Os proxectos foron moi abundantes durante a gran crise económica castelá de 1598-1620, que se transformou en crise europea, e mantiveron un certo realismo en canto á demografía, produción e traballo. Desde 1626 o arbitrismo foi adquirindo un cariz místico e utópico. Entre os arbitristas cómpre salientar os nomes de González de Cellorigo, Valle y de la Cerda, Álvarez Osorio e Arrieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia literaria e artística cultivada nos séculos XVI e XVII, que se define pola temática bucólica, a asunción das máximas artísticas da antigüidade greco-latina, e a idealización da natureza e do amor. Nos países de lingua portuguesa, o arcadismo é unha corrente literaria que naceu a finais do XVII e continuou ata o XVIII, co fin de defender a estética neoclásica contra os excesos do Barroco. Desenvolveuse ao redor das academias literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de arcaico.

      1. Supervivencia de elementos procedentes de canons artísticos propios dun tempo pasado.

      2. Imitación deliberada de formas primitivas ou antigas.

    2. En determinadas correntes de pensamento evolucionista, termo que designa o xeito de manifestarse a primeira fase do desenvolvemento dun fenómeno.

      1. Forma léxica ou construción sintáctica antiga que pode estar en desuso, por exemplo, o termo cobra para designar as estrofas no ámbito da lírica medieval, ou o apelativo mia senhor para designar a dama nas cantigas de amor. Pode ser tamén un termo aínda hoxe utilizado como, por exemplo a forma do artigo masculino el que constitúe un arcaísmo morfolóxico conservado nas expresións El-Rei e El-Señor; ou o arcaísmo sintáctico el utilizado como reforzo nas interrogativas; por exemplo: El si, Carliños? ‘A que si Carliños’.

      2. Uso de palabras, formas ou construcións antigas. O uso dos arcaísmos pode estar orixinado por unha tradición literaria ou por un recurso estilístico. Na literatura distínguense dous tipos de arcaísmo: os conservados por tradición ou os empregados para conseguir un determinado estilo. Así por exemplo, sería ridículo falar dun ‘casco’ na descrición dunha batalla ocorrida na Idade Media, pois esta voz na actualidade evoca un elemento que leva un motorista, un bombeiro, un ciclista, etc; deste xeito, non resulta axeitado falar de casco para referirse ao Cid Campeador senón que de helmo. Outros arcaísmos utilízanse para reflectir mellor as épocas pasadas, como aconteceu cos poetas neotrobadorescos que recuperaron as formas léxicas e estróficas medievais co fin de evocar a atmosfera de antano ou aproveitar a expresividade dos vocábulos antigos. Os arcaísmos contribúen tamén a configurar un rexistro culto; así, por exemplo, Eduardo Pondal emprega nos seus poemas moreas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, presbítero de Alexandría excomungado xunto cos seus seguidores polo Patriarca Alexandre entre os anos 318 e 319. O principio fundamental do Arianismo era a afirmación da unicidade e da transcendencia de Deus. O conflito que entrañaban as predicións de Ario radicaba no modo en que configuraba as relacións entre Deus e o seu Fillo, o Verbo feito home; segundo os arianistas, o Fillo de Deus non gozaba da mesma esencia do Pai, senón que se trataba dunha divindade subordinada, enxendrada como mortal. Deste xeito, o Fillo de Deus non é igual ou consubstancial ao Pai, senón semellante a El. Esta doutrina espallouse máis en Oriente ca en Occidente. Atanasio de Alexandría, que atacou o Arianismo, argumentaba que destruía a Doutrina Cristiá sobre Deus, porque supoñía que a Trindade non era eterna. O Arianismo foi heretizado no Concilio de Nicea (325), que estableceu o Credo, onde se afirma que o Fillo é “concibido, non feito” e consubstancial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa a doutrina de Aristóteles e os aspectos desta doutrina que callaron no pensamento doutros filósofos e escolas posteriores. A influencia de Aristóteles foi considerable ao longo da historia, exercida primeiramente dende o Liceo e a denominada Escola Peripatética. Desde a recompilación do corpus aristotélico feita por Andrónico de Rodas no s I a C na Biblioteca de Alexandría, o aristotelismo renaceu sobre todo nesa cidade exipcia. Boecio intentou unha síntese de aristotelismo e platonismo, e traduciu ao latín diversas obras de Aristóteles, única fonte do aristotelismo medieval en Occidente antes do s XII. A tradución directa de Aristóteles do grego non foi rematada na súa totalidade ata ben entrado o s XIII, mercede ao esforzo de Bartolomé de Messina, Robert Grosseteste e Guillerm de Moerbeke. Nun principio, o aristotelismo penetrou na Facultade de Artes de París confundido co averroísmo. A Filosofía e a Teoloxía escolástica intentaron asimilar a Aristóteles: nesta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación ocasionada por bebidas que conteñen esencias, como os aperitivos, licores, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de datación baseada na comparación entre o magnetismo remanente (orientación das partículas de ferro e intensidade do campo magnético terrestre) que permanece fixo en certos materiais (cerámicas cocidas a 650º non requecidas con posterioridade, fornos, fogares, etc), coas variacións rexistradas ao longo do tempo no campo magnético terrestre. Deste xeito pódese elaborar un esquema das variacións temporais na dirección magnética, que se pode empregar para datar outras estruturas de arxela cocida e idade descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e teólogo sardo. Colaborou na Cosmographia de Sebastian Münster coa breve monografía Sardiniae brevis historia et descriptio (1550), interesante polas referencias á situación do bilingüismo catalán-sardo na illa e polos ataques contra da Inquisición. A amizade con Gaspar de Centelles (1548-1551) comprometeuno ao iniciarse no proceso inquisitorial contra este (1563). Á súa volta foi arrestado e morreu queimado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto aos compromisos políticos internacionais. As súas orixes atópanse nos EEUU. Washington foi o primeiro en recomendar unha neutralidade absoluta respecto ás cuestións non americanas (1797). Esta doutrina foi reafirmada na declaración de Monroe (1823) e aplicada sistematicamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865). Se ben os norteamericanos participaron nas conferencias de Algeciras (1906) e da Haia (1907) e na Primeira Guerra Mundial, ao remate da mesma o senado opúxose ao ingreso na Sociedade de Nacións e volveuse ao illamento. Esta tendencia endureceuse progresivamente ata chegar á aprobación da leis de neutralidade (1935-1939) polas que se prohibía facer préstamos e enviar axudas a países en conflito. Trala Segunda Guerra Mundial a política estadounidense baseouse nun activo intervencionismo. Gran Bretaña seguiu esta tendencia no s XIX. Joseph Chamberlain mantiña que o seu país e as súas colonias debían formar un bloque...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter das rexións que non posúen rede hidrográfica organizada debido á práctica inexistencia de precipitacións.

    VER O DETALLE DO TERMO