"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Pintor. Integrante da escola da Haia, especializouse nas paisaxes de pradeiras, canles e muíños de vento. Entre as súas obras destaca Nos pólderes de Vreenland.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo alemán. Os seus estudios baseáronse no sistema nervioso e creou a frenoloxía. Traballou en Viena, Berlín e París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado. Aos catro meses do seu nacemento, a súa familia trasladouse a Pontevedra e alí residiu ata os quince anos. Dos seus primeiros estudios e formación non se sabe nada con certeza; pode ser que entre 1705 e 1709 seguise o ciclo de humanidades no colexio pontevedrés dos xesuítas, como formación previa para acceder aos estudios universitarios que estes ofrecían. En 1710 ingresou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid, onde profesou o 24 de maio de 1711 e, en outubro dese mesmo ano, trasladouse ao mosteiro-universidade de Irache (Navarra) para realizar os estudios universitarios de Artes ou Filosofía. En 1714 regresou ao mosteiro de San Martín e entregouse por completo ao estudio, á escritura e á copia de moitos pregos da súa biblioteca. En outubro marchou ao mosteiro de San Vicente en Salamanca para iniciar os estudios de teoloxía na Universidad de Salamanca, no rexistro da cal xa consta como Martín Sarmiento. Á fin deste ano foi enviado ao mosteiro de Eslonza (León) como profesor...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo francés. Fundador do l’Oratoire de l’Immaculée Conception, opúxose á aprobación do dogma da infabilidade papal no Concilio Vaticano I (1869). No eido da filosofía mostrouse contrario ao principio hegeliano da identidade do ser e do non ser. Das súas obras destacan Connaissance de Dieu (1853) e Logique (1855). Foi membro da Académie Française desde 1867.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico francés. Estudiou na Escola Politécnica de París. Axudante de Berthollet, interesouse dende moi novo polo estudo físico dos gases (dilatación, relacións volumétricas nas súas combinacións, etc) o que o levou á dedución da lei de Gay-Lussac, relativa ao comportamento dos mesmos. Foi profesor de química na Sorbonne e de física na Escola Politécnica. Ademais traballou no Museo de Histora Natural de París. En colaboración con Alexander von Humboldt deduciu a composición da auga, fixo posible a obtención por electrólise das grandes cantidades de sodio e potasio que necesitaba a Francia militarizada de Napoleón. Realizou importantes investigacións sobre o cloro, o boro, o iodo e o cianóxeno (CN-CN) e construíu o barómetro a sifón que leva o seu nome, e máis tarde un alcoholímetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan Un hombre (Premio Nadal 1946), Los cipreses creen en Dios (1953), Un millón de muertos (1961), Ha estallado la paz (1966), Condenados a vivir (Premio Planeta 1971), El escándalo de Tierra Santa (1977), El escándalo del Islam (1982), La duda inquietante (1988) e Nuevos cien españoles y Dios (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés. Publicou traballos de erudición e narracións de carácter stendhaliano. Da súa produción destaca Essai sur l’inégalité des races humaines (1853-1855), en que introduce unha interpretación das civilizacións fundamentada nas razas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista alemán. Formado nas universidades de Bonn, Berlín e Heidelberg, ingresou no Partido Nacional Socialista en 1922 e en 1926 converteuse no xefe do partido na área de Berlín. Fundador e director do periódico Der Angriff (1927-1933), foi elixido membro do Reichstag en 1928. Responsable do aparato propagandístico nazi (1929), promoveu unha campaña de odio contra os grupos non arios, como xudeus e eslavos. Nomeado por A. Hitler ministro de Educación Popular e Propaganda (1933), utilizou os medios de comunicación e o sistema educativo como medio de propaganda das ideas nazis. Membro do consello de ministros desde 1938, foi elixido como sucesor por A. Hitler (1944). Suicidouse xunto á súa familia un día despois do suicidio de A. Hitler. Foi autor de Del Kaiserhof zur Reichskanzlei (Do Kaiserhof á Chancelería do Reich, 1934) e Tagebücher 1942-1943 (Diarios 1942-1943, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudiou nas universidades de Lexington e Dallas, e doutorouse en 1966. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts e no Instituto Nacional do Corazón na Universidade de Dallas. Estudiou os factores xenéticos que interveñen no metabolismo do colesterol xunto con Michael F. Brown, co que compartiu no ano 1985 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina por estas investigacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Polígrafo alemán. Adepto á Revolución Francesa, exiliouse en Suíza e defendeu o catolicismo con tendencias místicas. Escribiu, entre outras obras, Die deutschen Volksbücher (1801) e Glauben und Wissen (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor valón. Foi mestre de música, director da Opéra de París e, coa Revolución Francesa, foi compositor oficial da República. En París deuse a coñecer con óperas como Le faux lord (1765), Toinon et Toinette (1767) e Sabinus (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulouse na Escola Superior d’Arquitectura de Barcelona (1878) e estableceuse en Madrid. Entre as súas obras destacan o edificio La Equitativa (1891), o monumento ao Rei Afonso XII no parque de El Retiro e a casa-palacio Longoria, sede da Sociedad General de Autores (1902-1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Formouse como arqueólogo con Pere Bosch i Gimpera. Foi comisario da Generalitat para a salvación do patrimonio artístico durante a Guerra Civil e, ao seu remate, marchou a EE UU, onde foi profesor na Universidade de Toledo (Ohio) e no Institute of Fine Arts de Nova York (1940-1941). Regresou a España e dirixiu o Institut Amatller d’Art Hispànic. Especialista en arte románica, das súas obras destacan Arquitectura y escultura románica (1948), Pintura románica (1950), Goya (1970), El Greco (1971), Velázquez (1973) e Zurbarán (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Fundador do diario demócrata El Porvenir (1860) e de La Redención del Pueblo (1868) en Reus, en Madrid foi redactor de La Democracia (1864) e director de La Discusión (1873) e El Pueblo Español (1878). Colaborou tamén en L’Esquella de la Torratxa e El Poble Català. Publicou El regionalismo en la nación (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Experimentou coa telegrafía sen fíos (1914). Director de Radiosola, realizou a primeira demostración radiofónica en Barcelona (1923). Creou a Asociación Nacional de Radiodifusión e foi o fundador técnico de Radio Barcelona (1923). Con C. Lemoine e F. Elías Riquelme fundou Orphea Films, os primeiros estudios cinematográficos sonoros en España (1932). Dirixiu tamén a Revista Electrotécnica en Barcelona (1931-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou no taller familiar como pintor de paredes. Estudiou na Escola de Mestres Pintores a na Escola d’Arts e Oficis, e asistiu ás clases da FAD. Recibiu unha bolsa do goberno francés e ampliou a súa formación en París. Colaborou con Dau al Set e realizou o mural do edifico da Barceloneta de J. A. Coderch. En 1955 fundou o Grupo Taüll con M. Cuixart e A. Tapies entre outros. Na súa primeira etapa pintou cunha extraordinara calidade do debuxo e un sentido sorprendente da cor. Despois deixou a representación pola valoración da materia. En etapas sucesivas valorou cada vez máis os materiais extrapitóricos e recuperou o trazo do debuxo. Ademais da pintura, cultivou a escultura, o cartelismo e as realizacións tridimensionais. Doou a súa obra ao Espai Guinovart, en Agramunt. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Misioneiro xesuíta, xeógrafo e etnólogo. Escribiu El Orinoco ilustrado y defendido (1741), compendio de coñecementos sobre a natureza e os habitantes daquelas terras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Foi o descubridor do principio básico da música atonal e dodecatónica. Escribiu Nomos (1912) para piano e corda, a cantata Wandlungen (1927) e a ópera Salammbô (1930).
VER O DETALLE DO TERMO