"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Xénero de plantas herbáceas, perennes, da familia das campanuláceas, que presentan follas alternas, oblongas e flores cigomorfas dispostas en acios. En Galicia está presente a especie L. urens que tamén está distribuída polo O de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lobeliáceas.

    2. Planta da subfamilia das lobeliáceas.

    3. Subfamilia de plantas, da familia das campanuláceas, que comprende unhas 450 especies, a maioría propias de países tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobelle (Carballedo). O seu cumio acada os 704 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado nas inmediacións da aldea de Guldriz de Arriba, na parroquia de Guldriz (Friol). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente á forma galega Lobeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lobeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría do lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Deza, que nace no monte Caixeira na parroquia de Lebozán e desemboca na de Doade (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lobi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo lobi.

    3. Pobo de África Occidental que habita en Burkina Faso, Costa de Marfil e Ghana desde finais do s XVIII. Durante o proceso de colonización enfrontáronse á ocupación francesa. Dedicábanse principalmente á agricultura do millo, millo miúdo e sorgo. Complementan a súa economía coa cría de gando vacún. Organízanse en aldeas, cada unha cos seus propios costumes e lideradas por un xefe relixioso.

    4. Lingua da familia gur do phylum níxer--congo que falan os lobis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal que resulta de cruzar un lobo cun can, ou viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. bugallo.

    2. Tumor quístico subcutáneo, especialmente os quistes sebáceos.

    3. bocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parra de pouca altura formada por unha armazón de arame, ferros ou paos, sostidos sobre columnas.

    2. Conxunto das follas dunha parra que forman unha densa cobertura natural.

    3. Pendello cun espazo elevado e cerrado polos lados, que se usa para gardar froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Limia, que nace na serra do Xurés, na parroquia de Río Caldo e desemboca na de Lobios, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Miguel que dá nome ao concello de Lobios, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Xillao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Baixa Limia, no extremo SO da provincia de Ourense, no límite S da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 41° 54’ de latitude N e 8° 5’ de latitude O. Limita ao N cos concellos de Entrimo e Lobeira, (os dous na comarca de Baixa Limia), ao S con Portugal, ao L con Muíños (Baixa Limia) e Portugal e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 160,9 km 2 , cunha poboación de 2.321 h (2007) distribuídos nas parroquias de Araúxo, A Cela, Grou, A Illa, Lobios, Manín, Río Caldo, San Martiño de Grou, San Paio de Araúxo e Torno. A súa capital é Lobios, que está situado a 64 km de Ourense e a 180 km de Santiago de Compostela. Pertence ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O val do Limia, antes de adentrarse en Portugal, organiza o relevo de Lobios, pois ao N del sitúanse os contrafortes meridionais das serras de Laboreiro e dos montes do Quinxo, mentres que ao S sitúanse as serras do Xurés e Santa Eufemia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no lugar de Pazos (Lobios). Datado na segunda metade do s XVIII, foi remodelado posteriormente. Conserva a planta en escuadra. O muro de peche ao patio ábrese cun portal entre pilastras pseudodóricas e remata nun frontón partido coroado por pináculos. A parte central ten un escudo coroado con ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lobios. Construíuse na metade do s XVII e foi consagrada en 1755. Dunha soa nave, ten torre barroca de planta cadrada, que se adianta á fachada principal e crea un pórtico de entrada. Diferéncianse nela tres corpos, dos que destaca a balaustrada que está decorada plenamente barroca así como a cúpula de remate.

    VER O DETALLE DO TERMO