"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Haloxenación con cloro, isto é, introdución dunha ou máis moléculas de cloro nunha molécula, especialmente nunha molécula orgánica. A cloración de compostos orgánicos pódese facer mediante a adición de cloro a moléculas non saturadas que formen enlaces covalentes co cloro, ou a substitución de átomos ou grupos funcionais da molécula por cloro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de clorar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto estable que forma con facilidade hidratos, hemiacetais e produtos de adición co amoníaco, tamén estables. Actúa como hipnótico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que funde a 64-66°C e que se administra por vía oral. É un composto que se une irreversiblemente ao ADN, ao que lle provoca unha alteración estrutural e funcional coa que ocasiona perturbacións no crecemento e na división celular. Emprégase como antineoplásico, especialmente na leucemia linfocitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos derivados clorados do ácido p-toluensulfónico. Trátase de antisépticos moi empregados para o uso externo e para a desinfección da auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén por fermentación aeróbica do lévedo da especie Streptomyces venezuelae ou por síntese orgánica na súa estrutura. A OMS recomenda que se limite o seu uso ao tratamento das infeccións intestinais de orixe tífica, xa que pode producir transtornos hemáticos graves, como a agranulocitose. A súa acción interfire na síntese proteica das bacterias. Tamén se coñece como cloromicetina.
-
-
Fenómeno que se dá nalgunhas plantas, consistente na similitude das pezas florais coas follas.
-
Anomalía pola que os pétalos da flor cambian a súa cor normal por unha coloración verdosa.
-
-
-
Someter unha substancia ou un composto a cloración.
-
Engadirlle a cantidade necesaria de cloro á auga de uso doméstico ou das piscinas co fin de esterilizala. Ex: Cloraron a auga da piscina cun líquido especial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de prata, de fórmula AgCl. Cristaliza no sistema regular formando pequenos cubos ou masas córneas de plasticidade semellante á cera. De cor branca en estado fresco, é extremadamente sensible á luz, que a colorea cunha tonalidade gris, violeta e negra. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,55. Tamén se chama cerarxirita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén clorato ou que está feito a base de clorato.
-
-
Calquera sal do ácido clórico. Comercialmente, obtéñense os principais cloratos por electrólise das solucións acuosas dos respectivos cloruros. As mesturas de cloratos con materiais orgánicos, metais, carbón, xofre, etc, son potentes explosivos e empréganse para fogos de artificio e mistos.
-
Anión de fórmula ClO 3 - que se pode considerar derivado do ácido clórico por perda do hidróxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicofármaco ansiolítico, derivado benzodiazepínico. Emprégase no tratamento da neurose con tensión e ansiedade, na abstinencia alcólica e como anticonvulsivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Taxa de cloro no soro sanguíneo, normalmente arredor de 360 mg por cada 100 cc dados en forma de Cl, e de 550-615 mg por cada 100 cc dados en forma de ClNa (de 98 a 106 mEq/l ou mmol/l de Cl-).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parénquima verde, asimilador, en especial o correspondente ao mesófilo da folla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado da biguanida con potente actividade antiséptica. Emprégase en forma de gluconato ou acetato e é activa contra bacterias Gram-positivas ou Gram-negativas. Utilízase, sobre todo, en aplicación tópica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto formado pola adición de ácido clorhídrico sobre unha base orgánica nitroxenada. Os clorhidratos son, polo xeral, sólidos cristalinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Taxa de ácido clorhídrico libre e de cloro combinado coas materias orgánicas no zume gástrico. Ten grande importancia para determinar unha dixestión correcta.
-
-
Que contén ácido clorhídrico.
-
Solución acuosa do cloruro de hidróxeno. Trátase dun líquido fumeante que, en presenza de ferro, adquire unha cor amarelada. As solucións concentradas conteñen unha proporción do 38% de HCl. Segregado polas células parietais da mucosa gástrica, forma parte dos zumes dixestivos e facilita a acción da pepsina. Aplícase, industrialmente, na neutralización de sistemas básicos e como hidrolizante de proteínas, e en medicina, en casos de hipoclorhidria, diluído ao 10%.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cloro.
-
Que contén cloro.
-
Aplícase aos compostos do cloro nos que este ten unha valencia ou número de oxidación de +5.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contido de cloro da auga de mar, expresado en gramos de cloro por quilogramo de auga. En augas cunha concentración normal de sales, pódese pasar da clorinidade á salinidade multiplicando a primeira polo factor de equivalencia 1,8.