"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Antropónimo feminino que probablemente ten a súa orixe no nome latino común lucus ‘bosque sagrado’. Tamén hai quen o considera como diminutivo de Lucía ou de Lucio, ou mesmo un nome de matriz clásica retomado do epíteto latino Lucina ‘deusa que asiste e protexe as mulleres no momento do parto’, derivado de lux, lucis ‘luz’. Con este nome destaca santa Lucina de Roma (s I).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir lendaria. É a patroa das mulleres preñadas e dos presos. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino, que deriva de Lucía, coa terminación -inda. Ten o hipocorístico Luciña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lucínidos.

    2. Molusco lamelibranquio da familia dos lucínidos.

    3. Familia de moluscos lamelibranquios, heterodontos, con valvas redondeadas e lenticulares e músculo en forma de ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo, da orde dos salmoniformes, duns 30-70 cm de lonxitude que ten o corpo alongado e recuberto de finas escamas, mandíbula armada de fortes dentes, unha soa aleta dorsal, situada moi atrás, as ventrais en posición abdominal e o fociño groso, longo e deprimido. É de cor verdosa con raias pardas. Habita nas augas doces. É orixinario de Europa central e occidental e foi introducido na Península Ibérica cara ao ano 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome latino Lucius, de orixe incerta, seguramente relacionado con lux, lucis ‘luz’, ou co verbo luceo, lucere ‘alumear’. O seu posible significado é ‘nacido ao amencer’. En Roma foi moi frecuente, levárono políticos como Lucio Cornelio Sila e Lucio Serxio Catilina ou escritores como Lucio Anneo Séneca e Lucio Apuleio. Tamén destacan con este nome os mártires san Lucio de Coira-Suíza (s II) e san Lucio de Cirene (ss III-IV), e os papas san Lucio I (253-254), Lucio II (1144-1145) e Lucio III (1181-1185).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor morada e brillante que adquire a pel dunha parte inchada e tumefacta.

    2. lucente.

    3. Avultamento que se produce na pel.

    4. Charco ou lagoa pequena que queda nas marismas coa baixamar.

    5. Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III - IV) Senador de Cirene. Converteuse ao cristianismo ao ver o valor de san Teodoro, retirouse a Chipre e morreu na persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Fillo dun rei inglés, foi convertido pola súa irmá santa Emérita e introduciu o cristianismo na Retia. Morreu lapidado polos pagáns. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (253-254). Desterrado polo Emperador Galo, trala morte deste volveu a Roma, gobernando o Emperador Valeriano. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1144-1145). De nome Gerardo Caccianimici, foi cardeal de Santa Croce, legado de Honorio II en Alemaña e chanceler da Igrexa romana. Sucedeu a Celestino II e tivo que enfrontarse coa comuna de Roma, que quería independizarse, e co Rei Roxelio II de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1181-1185). De nome Ubaldo Allucingoli, foi bispo de Ostia e Velletri. En 1184 reuniu o Concilio de Verona que condenou o neomaniqueísmo e, de acordo con Federico I Barbarrubia, decretou o castigo material dos heréticos ao coidado dos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (161-169). Adoptado por Antonio Pío, foi asociado ao trono, que compartiu con Marco Aurelio. Dirixiu a guerra contra os partos (161-166) e conseguiu a incorporación de Osreone, que foi anexada a Capadocia. Volveu a Roma (166) e máis tarde loitou contra as tribos xermanas na fronteira do Rin-Danubio (167). Morreu á volta desta campaña militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir luz.

    2. Causar boa impresión ou destacar algo ou alguén.

    3. Dar un resultado ou beneficio visible un traballo ou un esforzo.

    4. Deixar ver ou manifestar con intensidade unha calidade ou sensación agradable.

    5. Deixar ver alguén as súas calidades para que as admiren os demais.

    6. Levar alguén algo para que o vexan ou admiren os demais.

    7. Cubrir unha superficie cunha capa de xeso ou de cal.

    8. Facerse ver con algo ou alguén para chamar a atención ou para causar boa impresión.

    9. Facer ben algo ou deixar ver alguén as súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘domingo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico abstracto, máis coñecido co nome de rayonisme, creado en Moscova nos anos 1911-1912 por M. Larjonov. Co manifesto publicado en 1913, volveu dar á pintura unha realización abstracta a base do paralelismo e a oposición de raias de cor para proporcionar unha terceira dimensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Acompañou a Lucio Cornelio Sula nas guerras mársica e mitridática. Edil (79 a C) e pretor (78 a C), foi nomeado cónsul en 74 a C co apoio de Sula. Derrotou a Tigranes no seu avance por Armenia. Posteriormente tivo que cederlle o mando a Pompeio (66 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evolución das categorías taxonómicas de orde superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luca Marineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • macroevolución.

    VER O DETALLE DO TERMO