"Māra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Despois da Revolución de Setembro de 1868, a Junta Revolucionaria encargoulle a redacción dunha declaración de dereitos humanos que serviu como base ao primeiro artigo da Constitución de 1869. Francisco Giner de los Ríos publicou postumamente unha escolma dos seus artigos titulada Estudios jurídicos (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa. Fundou, xunto co xesuíta F. X. Butinyà, a orde das xosefinas en 1875. Foi superiora xeral da congregación de 1898 a 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do NL de Brasil, con saída ao Océano Atlántico polo N (329.556 km2; 5.651.475 h [2000]). A capital é São Luís. Está formada por unha ampla chaira costeira ao N e unha rexión de cumios chairos cara ao interior. O clima é ecuatorial, con chuvias abundantes. A poboación é india no interior, mentres os negros, mulatos e mestizos concéntranse na costa. Posúe cultivos de algodón, cana de azucre e arroz. É unha das zonas pesqueiras máis importantes do país.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Cosmede de Cusanca (O Irixo) e A Corna (Piñor). O seu cumio acada os 872 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Monte de herba que vai deixando o segador coa gadaña.
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
-
RIOS
Río de Perú, que nace na Cordillera Central dos Andes, no departamento de Huánuco, preto do Cerro de Paco (1.500 km). Discorre entre os Andes Centrais e Orientais, e únese co Ucayali preto de Naura, formando parte do curso superior do Amazonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, historiador e ensaísta. Xunto con J. Ortega y Gasset e Ramón Perez de Ayala constituíu a Agrupación ao Servicio da República. Exiliouse en París durante a Guerra Civil Española. Escribiu obras científicas, das que destacan Las glándulas de secreción interna y las enfermedades de la nutrición (1914), Tres ensayos sobre la vida sexual (1926), Amor, conveniencia y eugenesia (1929) e Los estados intersexuales en la especie humana (1929); históricas, como Ensayo biológico sobre Enrique IV de Castilla y su tiempo (1930), El conde-duque de Olivares: la pasión de mandar (1936); e as histórico-científicas Raíz y decoro de España (1933), Liberalismo y comunismo e Vocación y ética (1935). Foi membro da Real Academia Española desde 1933.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como o Trapense, dirixiu unha partida absolutista de Espluga de Francolí a partir de 1822 e pertenceu á facción máis extremista dos realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Repregamento das veas xugulares no caso de bocio prominente, proxectado cara ao interior do tórax, que se manifesta claramente erguendo os brazos coa cabeza estirada cara a atrás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das marantáceas, que presenta raíces tuberosas e follas pecioladas e envainantes, dísticas, sen lígula e cos bordos vivamente coloreados. As flores son hermafroditas e asimétricas. Comprende unhas 25 especies, propias de América tropical, das que destaca M. arundinacea; dos seus tubérculos extráese o arrurruz.
-
-
Relativo ou pertencente ás marantáceas.
-
Planta da familia das marantáceas.
-
Familia de plantas herbáceas perennes, da orde das zinxiberais, que presenta follas grandes, pecioladas e dísticas, flores hermafroditas, trímeras, asimétricas e heteroclamídeas e froito en cápsulas loculicidas ou baciformes. Son especies tropicais, a maioría americanas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘gato’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kahramanmaraş.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos agaricais da familia das tricolomatáceas. En Galicia está presente a especie M. candidus, que se caracteriza pola súa cor branca, sombreiro rizado e esporas de 9 x 4 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de basidiomicetos agaricais, da familia das tricolomatáceas, que presentan sombreiro carnoso, delgado e flexible, láminas elásticas e esporas de cor branca. En Galicia están presentes distintas especies, das que destacan M. androsaceus, M. oreades, M. rotula e M. hudsonii.
-
-
-
Extenuación ou consumición extrema do corpo como consecuencia dunha enfermidade crónica, infecciosa ou tumoral.
-
marasmo senil
Atrofia normal dos tecidos na vellez.
-
-
Falta de vontade ou ánimo.
-
Suspensión ou paralización dunha actividade.
-
Desorde ou confusión de gran magnitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Licor branco que se fabrica con cereixas amargas.
-
PERSOEIRO
Revolucionario suízo. Dedicouse á propaganda política, e en 1789 publicou Publiciste Parisien e L’ami du peuple, xornais en que defendía o seu radicalismo político. Identificouse coas necesidades do baixo pobo e converteuse en ídolo de masas de París. Formou parte dos Club dos Cordeliers e, máis tarde, dos xacobinos, onde inspirou e defendeu a intransixencia política fronte aos xirondinos. Foi membro do comité de vixilancia da Comuna de París e un dos responsables das matanzas do 10 de agosto e setembro de 1792. Foi deputado de París na Convención Nacional e continuou instigando ás masas da capital á acción revolucionaria. Exerceu un papel destacado na caída dos xirondinos, en xuño de 1793.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo maratha.
-
Individuo do pobo maratha.
-
Pobo de lingua marathi que habita en Bombai e nas provincias centrais de India. Constituíron o estado máis poderoso do país no s XVIII e desde 1713 foron gobernados por primeiros ministros ou peśvā, que crearon a Liga maratha constituída por Baroda, Gwalior, Indore e Nāgpur. A derrota maratha fronte aos afganos en Pānipāt (1761) favoreceu os británicos que anexionaron o territorio dos peśvā á presidencia de Bombai.
-