"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Rei de Macedonia (221 a C-179 a C), fillo de Demetrio II. Sucedeu a Antígono II de Macedonia, aliouse con Aníbal (215 a C) e combateu contra os aliados de Roma durante a Primeira Guerra Macedonia (216 a C-205 a C). Conquistou Tracia e as cidades gregas do Mar Exeo (203 a C-200 a C) pero foi derrotado por Quinto Flaminio en Cinocéfalos (197 a C), na Segunda Guerra Macedonia. Posteriormente, aliouse cos romanos contra Nabis (195 a C), contra Antíoco III de Siria e contra os etolios (191 a C-189 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de filmar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia os produtos e os preparados que se empregan para a protección dos vexetais contra as súas enfermidades e parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de produtos que se empregan para combater as enfermidades e pragas das plantas ou das substancias que se usan na súa profilaxe. Inclúe os insecticidas, acaricidas, bactericidas, funxicidas, herbicidas, reguladores do crecemento, aceites adxuvantes, disolventes, antioxidantes e conservadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da fitopatoloxía que trata da química, a formulación e a aplicación dos produtos e as materias que se empregan no control das pragas e enfermidades das plantas, e tamén dos correctores que se utilizan habitualmente para regular algúns procesos fisiolóxicos.
-
-
Acción e efecto de formar ou formarse.
-
Agrupación de persoas que se reúnen para unha actividade determinada.
-
-
Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual co que se pretende lograr a madureza do educando e a súa competencia para participar na vida social.
-
formación profesional
Nivel educativo que ten como finalidade a capacitación e cualificación profesional dos traballadores dos sectores primario, secundario e terciario, cun enfoque esencialmente técnico e práctico, se ben a dimensión teórica, ou científico-técnica, está cobrando maior relevo como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico e da importancia das novas tecnoloxías. A Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1992) contempla dous niveis fundamentais de formación profesional, os Ciclos Formativos de Grao Medio, que se cursan despois de rematar a Educación Secundaria Obrigatoria, e os Ciclos Formativos de Grao Superior, que se cursan tras finalizar o Bacharelato. As titulacións agrúpanse en familias (química, imaxe persoal, actividades físicas e deportivas, actividades agrarias, informática, imaxe e son, etc), o currículo dos Ciclos Formativos organízase en módulos ou áreas de coñecemento, algúns deles transversais a diversas familias, e a súa duración vai das 1.300 ás 2.000 horas, e incorpora...
-
-
Conxunto de estratos que forman unha porción significativa na sucesión estratigráfica dunha área determinada. Caracterízase por unha composición litolóxica definida e a posibilidade de poder correlacionar diferentes sucesións estratigráficas. As formacións denomínanse polos nomes xeográficos da área de onde é típico o desenvolvemento da unidade.
-
Tipo de vexetación que vén definido pola forma biolóxica dominante, que normalmente corresponde ás unidades de vexetación coñecidas popularmente, como o bosque, a carrasca, o mato ou o prado. Nesta vexetación o que destaca é o aspecto, non a composición florística.
-
-
Cada unha das formas características que veñen definidas polas posicións conservadas dos avións dunha escuadra ou as naves dunha flota nas súas evolucións.
-
Agrupación de soldados en parada ordenados en fileiras ou columnas.
-
-
...
-
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático. Licenciouse en Dereito pola UNAM e realizou estudios de posgrao en economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Profesor de literatura en diversas universidades norteamericanas, colaborou na revista Medio siglo, cofundou e dirixiu a Revista Mexicana de Literatura e foi codirector de El Espectador. Así mesmo, fundou o Movimiento de Liberación Nacional del Comité Nacional de Auscultación y Organización. Da súa produción destacan Los días enmascarados (1954), La región más transparente (1958), La muerte de Artemio Cruz (1962), Aura (1962), Cambio de piel (Premio Biblioteca Breve 1967), Casa con dos puertas (1970), Tiempo mexicano (1971), Terra nostra (Premio Xavier Villaurrutia 1976 e Premio Rómulo Gallegos 1977), La cabeza de la hidra (1978), Gringo Viejo (1985), Cristóbal Nonato (1987), El naranjo o los círculos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade para pronunciar as consoantes velares.
-
GALICIA
Político. Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta. Foi profesor na Academia de Ingenieros de Montes de Salamanca. Entre outras obras publicou Los bosques (1886), Los montes y la emigración (1916), Estudio en la invasión de los montes de Salamanca del insecto llamado vulgarmente lagarta y medios más adecuados para evitar sus estragos (1885) e Las ideas filosóficas y políticas de Jovellanos (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Director da cadea COPE en Galicia. Exerceu como redactor de Antena 3 Radio, xefe de redacción de La Región e redactor xefe do gabinete de comunicación da Xunta de Galicia. Foi un dos fundadores da Asociación de Periodistas de Galicia. Escribiu Aprende que é a empresa sen perderte na economía (1997) e colaborou no volume colectivo De profesión, periodista. Homenaje a Diego Bernal (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudios co pintor X. García Gesto e co escultor M. Mayo en Lugo, e de fotografía en Madrid (1992). A súa obra retorna á prehistoria nunha serie de signos que evocan o mundo dos gravados rupestres, caracterizada pola fragmentación e a experimentación. Participou en mostras como Dez + Dez (Santiago de Compostela, 2001) e 767 (Santiago de Compostela, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo, ao SL do país, no Gutland (211 km2; 51.960 h [2001]). A capital é Grevenmacher (21.664 h [2001]). Atravesado na parte oriental polo Mosela, que fai de límite con Alemaña, no seu val cultívase a viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rede ou tea que, suspendida horizontalmente entre dúas árbores ou calquera outro soporte, serve de cama, randeeira ou outros usos semellantes.
-
Cadeira baixa, cunha estrutura que se pode pregar, formada por unha tea ou lona que forma o asento e o respaldo, e que permite estar sentado ou tumbado.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Altino, preto de Venecia. Foi discípulo de san Xerome, a quen acompañou, e combateu aos arianos e apolinaristas. A súa festividade celébrase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
eritrocito.