"Marin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 276.
-
PERSOEIRO
Escritor. Redactou o seu primeiro manifesto en 1909, en que propugnaba a ruptura dos esquemas literarios tradicionais e da sintaxe. No Manifesto tecnico della letteratura futurista (1912) definiu a guerra como a ‘única hixiene do mundo’, e trala Primeira Guerra Mundial adheriuse ao fascismo. Das súas obras destacan, en poesía, Spagna veloce e toro futurista (1913), Poemi simultanei futuristi (1933), Canto eroico e macchine della guerra mussoliniana (1942) e L’esercito italiano, poesia armata (1942), e, en prosa, Novelle con le labbra tinte (1930) e Patriottismo insetticida (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Paraná, Brasil, situada na chaira de Paraná (158.047 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e dramaturgo. Foi membro das Irmandades da Fala e o iniciador do teatro social en Galicia co volume A revolta e outras farsas (1965), en que se inclúen A revolta (Premio Castelao de Teatro Galego, 1965), A obriga e un conxunto de obras curtas baixo a denominación de Monifates, diálogos improvisados. O elemento distintivo da súa obra é a conciencia tráxica da existencia. Así, por unha banda están os dramas de carácter simbólico e pola outra pezas dunha vertente máis social. Publicou as pezas Pequena farsa dos amantes desencontrados (1968), Dúas pezas de teatro inerte: Os ausentes (1974), O bosque (1977), Acurrados (1981), Ramo Cativo (1990), o monólogo Home frouxo (1990) e A gaiola (1995). Tamén hai que considerar as farsas, entre as que destacan A serpe e a Pequena farsa..., e os textos máis experimentais e vangardistas como O triángulo ateo ou as Dúas pezas de teatro inerte. Membro da Real Academia Galega, publicou o estudo Importancia do público na revelación teatral (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Creou unha obra de inspiración arcaica e mediterránea, de formas alongadas. Desde 1936 traballou o tema dos xinetes e dos cabalos, e tamén nus e retratos, cunha preocupación pola monumentalidade. Das súas obras destacan Miracolo (1943), Cevaliere (1947) e Ritrato di Igor Stravinskij (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria que se caracterizou polo preciosismo, a énfase e a retórica enxeñosa. Iniciouse a principios do s XVII co poeta Giambattista Marino, estendeuse rapidamente por toda Italia e chegou a influír nas literaturas europeas do seu tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Mariño/Mariña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, tres faixas ondadas de azul.
-
-
Relativo ou pertencente ao mar.
-
Persoa que dirixe as manobras dun barco porque conta con estudios de náutica.
-
Persoa que serve na mariña de guerra.
-
Cor azul moi escura, propia da auga do mar.
-
-
GALICIA
Enxeñeiro de telecomunicacións. Foi director da Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Telecomunicación da Universitat Politècnica de Barcelona, do departamento de tratamento e transmisión da información da Universitat Politècnica de Catalunya e presidente do consello constituínte do departamento de teoría do sinal e comunicacións da mesma universidade. É autor de traballos sobre a codificación de voz e o recoñecemento e comprensión da fala e o procesamento dixital do sinal, entre outros. Recibiu o Premio Mundo Eletrónico ao mellor artigo profesional (1979 e 1985) e o Premio Esabe (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e médico. Dirixiu o Insalud (1983-1984) e a Inspección Médica en Galicia (1985). Foi director-xerente do Hospital Xeral de Galicia (1987-1990) e do Hospital Provincial de Conxo (1991-1992), delegado do ministerio de Sanidade e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdG-PSOE (1990-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Na súa obra reflectiu un mundo lírico cheo de elementos persoais e as súas composicións están inzadas de desexos existenciais, en que a morte é o punto final e onde rematan todas as traxedias e felicidades do home. Os seus vínculos e influencias con Uxío Novoneyra son innegables, tanto en determinados temas da súa produción como no propio estilo, o que fixo pensar que se trataba da mesma persoa. A forza expresiva que empregou para comunicar as súas experiencias persoais obrigárona, en xeral, a romper as estruturas sintácticas establecidas pola disposición do verso. Publicou Palabra no tempo (1963), que reúne a súa produción entre 1958 e 1963, cun prólogo de R. Otero Pedrayo, e o libro póstumo Verba que comeza (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Decorou o retablo da capela de Nosa Señora do Rosario (1612) na igrexa de Santiago de Betanzos e, en 1617, realizou o mesmo labor para o retablo maior de Santa María de Centroña en Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Emigrou a América en 1545 e en Chile foi cronista da conquista do país, ademais de participar activamente como capitán para a invasión de territorios, polo que foi nomeado corrixidor da cidade de Chile. Escribiu unha Crónica do Reino de Chile (1575-1576), que foi refundida por Bartolomé Escobar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de telecomunicacións e militar. Licenciado pola Universidad Politécnica de Madrid, investigou modelos probabilísticos de sinais. Comandante enxeñeiro do Corpo de Enxeñeiros Politéc- nicos do Exército de Terra, participa en diversas axencias internacionais (ESA, NETMAN) para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Unión Europea (Galileo). Secretario cofundador da Irmandade Galega de Madrid, presidida por Celso E. Ferreiro, publicou un artigo no libro homenaxe a D. Gamallo Fierros (2001) e diversos estudios sobre o Pasatiempo de Betanzos, como “Mito y Utopía; sabiduría pedagógica del Pasatiempo”, no Anuario Brigantino. Ademais realizou unha Maqueta dos Primeiros Zócalos do Pasatiempo, exposta no Museo das Mariñas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de telecomunicacións. Doutor enxeñeiro pola Universidad Politécnica de Madrid e profesor titular do departamento de Tecnoloxía Electrónica na E.I.S.I. Industria e Telecomunicación da Universidade de Vigo, foi director da División de Comunicacións Dixitais do departamento de Tecnoloxía Electrónica e membro fundador do Instituto de Enxeñería Electrónica “Pedro Barrié de la Maza”. Das súas obras destacan Instrumentación electrónica (1989), en colaboración con Enrique Mandado e Alfonso Lago, e Comunicaciones en la empresa: normas, redes y servicios (1995). Ademais, dirixiu os estudios Contribución al estudo de los sistemas de comunicaciones industriales mediante técnicas de descripción formal (2000), de Francisco Poza, e Metodologías de especificación formal aplicadas a modelos normalizados de protocolos de comunicación industriales (2001), de J. B. Nogueira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad Autónoma de Madrid, investigou a medicina popular galega, as romarías, o entroido e o nacionalismo galego. Realizou tamén traballos de campo con comunidades indíxenas americanas, especialmente cos quechuas bolivianos. Nos seus traballos defende que a cultura popular galega forma parte da cultura tradicional europea, que é unha cultura con personalidade propia, formada na Idade Media, entroncada na da Antigüidade clásica; unha cultura que, lonxe de compoñerse de elementos illados, está perfectamente articulada. Colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada e Lumieira, dos seus numerosos estudios sobre antropoloxía cultural destacan Satán, sus siervas las brujas y la religión del Mal (1984), Cultura popular (1984), Autobiografía dun labrego (1986), Las romerías/peregrinaciones y sus símbolos (1987), O sexo na poesía popular galega (1995), Aparicións e Santa Compaña (1995), Simbolismo animal (1996), Contos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Coñecido como Il Marrina, foi o autor da fachada da biblioteca Picolomini, na catedral de Siena (1504), do altar maior da igrexa de Fontegiusta (1509-1517) e do altar Marsili na igrexa de San Martino (1522), tamén en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Foi investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en Madrid. Especializado na historia da filosofía e na ideoloxía política dos ss XVI e XVII, elaborou diversas edicións críticas de obras de G. D. Campanella, J. Althusius, Guillerme de Ockham, H. Grotius e G. W. Leibniz. Escribiu, en colaboración con M. Morán, Tratados internacionales de España: Carlos V (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (942-946). Debido a unha confusión dos cronistas pontificios, confirmada en 1281, Mariño II intercalouse na serie dos Martiño. Continuou a obra de León VII e preocupouse pola reorganización dos mosteirios, dando indicacións respecto das súas regras. Crese que restableceu o oficio de vicario apostólico en Xermania e Galia.
VER O DETALLE DO TERMO