Mariño Carou, María
Mariño Carou, María
Poetisa. Na súa obra reflectiu un mundo lírico cheo de elementos persoais e as súas composicións están inzadas de desexos existenciais, en que a morte é o punto final e onde rematan todas as traxedias e felicidades do home. Os seus vínculos e influencias con Uxío Novoneyra son innegables, tanto en determinados temas da súa produción como no propio estilo, o que fixo pensar que se trataba da mesma persoa. A forza expresiva que empregou para comunicar as súas experiencias persoais obrigárona, en xeral, a romper as estruturas sintácticas establecidas pola disposición do verso. Publicou Palabra no tempo (1963), que reúne a súa produción entre 1958 e 1963, cun prólogo de R. Otero Pedrayo, e o libro póstumo Verba que comeza (1990).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Noia -
Deceso
Lugar : Folgoso do Courel