mariño -ña

mariño -ña

(< lat marīnu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao mar.

    Ex: Colle a chaqueta que sempre corre a brisa mariña.

  2. s

    Persoa que dirixe as manobras dun barco porque conta con estudios de náutica.

    Ex: O mariño que está ó mando estudiou co capitán.

  3. s

    Persoa que serve na mariña de guerra.

    Ex: Antón é mariño e foi á Guerra do Golfo.

  4. azul mariño

    Cor azul moi escura, propia da auga do mar.

    Ex: Ten que levar un xersei azul mariño para ir traballar.