"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina empregada para esmerilar, formada basicamente por un cilindro ou moa recuberta de esmeril e que se aplica, manualmente ou mediante algún sistema mecánico, ao obxecto que se quere esmerilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Puír a superficie de algo ou deslustrar o vidro con esmeril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falcón de entre 26 e 34 cm de lonxitude e 52 e 69 cm de envergadura, de ás anchas rematadas en punta; o seu aspecto xeral é máis compacto ca outros falcónidos. A cola é relativamente longa, e o voo resulta xeralmente raso e rápido. O macho é a ave de rapina de menor tamaño de Europa e caracterízase por presentar o dorso de cor azul cinsenta; a caluga, o peito e o abdome son de cor ferruxenta, con pequenos riscos acastañados; e a cola de cor azul ten no extremo unha banda negra. As femias son maiores e teñen as partes superiores de cor acastañada con riscos escuros; o peito é claro pero presenta numerosas raias de cor acastañada; e a cola ten bandas claras. Os animais novos son semellantes ás femias. Aliméntanse principalmente de aves de pequeno tamaño que capturan tras un voo persecutorio en terreos abertos, xeralmente en zonas de matogueiras e campos de cultivo intercalados. Aniñan, entre maio e xuño, en diversos lugares, tanto directamente sobre o chan ou sobre vexetación baixa, como...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Santiago de Requeixo (Chantada). Construída no s XVIII, ten unha soa nave. O presbiterio cóbrese cunha falsa bóveda e o arco triunfal é semicircular. No interior conserva retablos neoclásicos do s XIX. A fachada, reformada despois da súa construción, ten unha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República independente formada polos once estados do S que se afastaron da Unión, a raíz da elección en 1860 de Abrahan Lincoln como presidente dos EE UU. O primeiro estado en proclamar a secesión foi Carolina do Sur (1860); a este uníronse en 1861 Mississippi, Florida, Alabama, Georgia, Louisiana e Texas. Os seus representantes, reunidos en Montgomery (Alabama), capital provisional, constituíron a Confederación (4.2.1861), elixiron presidente a Jefferson Davis e redactaron unha constitución provisional. Cando comezou a Guerra de Secesión, en abril de 1861 adheríronse á Confederación os estados de Carolina do Norte, Arkansas, Tennessee e Virginia (agás un sector occidental, que se separou e formou o novo estado de West Virginia, fiel á Unión). A capital trasladouse a Richmond (Virginia). No eido institucional caracterizouse por un ríxido federalismo que defendía a autonomía e a soberanía dos estados individuais, pero debilitaba a capacidade de cohesión política. O seu illamento internacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de América do Norte que limita ao L co Océano Atlántico, ao S con México, ao O co Océano Pacífico e ao N con Canadá (9.372.614 km2; 298.444.220 h [2008]). Tamén forman parte dos EE UU os estados de Alasca, ao NO do continente, e Hawaii, arquipélago no Océano Pacífico (ambos os dous plenamente integrados na Unión), o estado libre asociado de Puerto Rico, os territorios das Illas Virxes Americanas (nas Pequenas Antillas), Guam e a Samoa Americana (en Oceanía), e as dependencias da Baía de Guantánamo e illa de Navassa (no Caribe), e varias illas do Pacífico (Illas Midway, Marianas Setentrionais, Baker, Howland, Jarvis, Johnston e Kingman Reef, Palmyra e Wake). Tamén ten soberanía sobre un sector do Territorio Antártico. O seu territorio continental esténdese entre os 49° e 25° de latitude N e os 125° e 67° de lonxitude O. A súa capital é Washington-Distrit of Columbia (Washington D C ou simplemente Washington), cidade que non forma parte de ningún estado.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de isomería que presentan os compostos que teñen os mesmos átomos unidos entre eles na mesma orde, pero que difiren na súa disposición espacial, é dicir, na configuración. Subdivídese en isomería óptica e isomería xeométrica. Esta diferenza de configuración, nun átomo de carbono saturado, é posible porque as súas valencias se dirixen cara aos catro vértices dun tetraedro que ten o centro ocupado polo átomo de carbono, e ten lugar cando os catro átomos ou grupo de átomos enlazados co carbono central son diferentes, xa que existen dúas maneiras posibles de distribuílos. As dúas configuracións que resultan son a imaxe especular unha da outra; os compostos resultantes denomínanse estereoisómeros. Xeralmente, na natureza existe soamente un dos posibles estereoisómeros e, moitas veces, mentres un é farmacoloxicamente activo, o outro non o é. Tamén recibe o nome de isomería estérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico relixioso iniciado por Evemero de Messene que considera os personaxes mitolóxicos e as divindades como seres humanos idealizados polos pobos. Foi difundido no mundo romano por Q. Ennio e pouco despois Platón de Biblos, Beroso, Diodoro de Sicilia e Luciano aplicáronllelo ás divindades orientais. Santo Agostiño, Lactancio e Arnabio utilizárono para demostrar a futilidade do paganismo. No s XVIII, o abade A. Banier na súa obra Explication historique des fables, ou l’on decouvre leur origine & leur conformité avec l’histoire ancienne (Explicación histórica das fábulas, descubrimentos das súas orixes e a súa conformidade coa historia antiga, 1715) aplicoullo á historia da antiga Grecia. Desde comezos do s XIX a súa influencia circunscribiuse ao eido da mitoloxía aplicada.
-
-
Relativo ou pertencente ao evemerismo.
-
Seguidor do evemerismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á altura dun astro cando este pasa polo meridiano do lugar.
-
PERSOEIRO
Escritor galego. Emigrado a La Habana, exerceu a docencia e, baixo o pseudónimo Fernán Minero, publicou poesías na prensa. Colaborou en Follas novas, Suevia, Nós, Santos e meigas e Galicia, e escribiu o poema “Galicia!” e o poema sinfónico “Dorinda Galicia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Na súa poesía reflectía o compromiso cívico do escritor ante a inxustiza social e a marxinación. Publicou Vencida por un ángel (1950), Los días duros (1953), Belleza cruel (1958), Toco la tierra (1962) e Antología total (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos canadenses de fala francesa que no s XIX se estableceron nos EE UU, fundamentalmente en Nova Inglaterra. Unha parte dos seus descendentes conservan actualmente a lingua francesa e teñen unha literatura propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Bos Aires a partir de 1901.
-
SEMANARIOS
Semanario aparecido en La Habana en 1904. Fundado e dirixido por Eduardo Núñez de Sarmiento, tentou converterse no voceiro das distintas colectividades galegas asentadas en todo o continente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 3 de setembro de 1976 baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e coa vicepresidencia dun representante do Centro de Galicia en Bos Aires. Os sete vocais repártense entre os catro que designa o Centro de Galicia de Bos Aires, e os que nomean o conselleiro de Presidencia, o conselleiro de Economía e Facenda e o secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas. Entre os seus obxectivos inclúense o achegamento da realidade galega a todos os países americanos nos que exista unha comunidade galega vertebrada.
-
PERSOEIRO
Historiador. Membro dende 1944 do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, foi director dos Centros Provinciais de Arquivos e Bibliotecas de Lugo. Creou a Biblioteca Pública Provincial Unificada, o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas (1948) e o Arquivo Histórico Provincial de Lugo (1951). Dirixiu o arquivo da Delegación de Facenda e o Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico del Reino de Galicia: guía del investigador (1968) e La vida y obra de don José Cornide Saavedra: breve biografía (1992). Membro da Real Academia Galega dende 1975, do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos gloméridos.
-
Miriápodo da familia dos gloméridos.
-
Familia de miriápodos diplópodos que se caracterizan por formar unha bóla baixo a acción de certos estímulos como mecanismo de defensa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lamelibranquios, da familia dos gliciméridos, de cuncha moi forte e redonda, equivalvos e sen biso. Habitan a uns 20-25 m de profundidade en todos os mares.