Galicia-América, Fundación

Galicia-América, Fundación

Fundación sen ánimo de lucro constituída o 3 de setembro de 1976 baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e coa vicepresidencia dun representante do Centro de Galicia en Bos Aires. Os sete vocais repártense entre os catro que designa o Centro de Galicia de Bos Aires, e os que nomean o conselleiro de Presidencia, o conselleiro de Economía e Facenda e o secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas. Entre os seus obxectivos inclúense o achegamento da realidade galega a todos os países americanos nos que exista unha comunidade galega vertebrada.