"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

    1. Engurrarse unha cousa cando perde a humidade que posúe.

    2. Poñerse alguén moi delgado e débil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liberar a alguén dunha carga ou obriga. OBS: Emprégase coa preposición de.

    2. Liberarse alguén dalgunha carga ou responsabilidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entomólogo francés. Considerado un dos fundadores da entomoloxía, retirouse a Serignan, onde se dedicou ao estudo dos insectos. Realizou un gran número de investigacións que recolleu na súa obra máis importante Souvenirs entomologiques (1870-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi director do Instituto Físico-Químico de Múnic (1917-1935) e profesor da Universidade de Ann Arbor (1936-1957). Pioneiro nos traballos sobre isótopos e radioactividade, estableceu, de forma simultánea pero independente de F. Soddy, as leis do desprazamento radioactivo, coñecidas como leis de Soddy, identificou o protoactinio (1913) e desenvolveu a teoría cuántica da estrutura electrónica molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Sócrates e protagonista dun dos diálogos platónicos, foi condenado no 414 a C por ser cómplice na parodia dos misterios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Foi investigador do Centro de Estudios Históricos onde pertenceu ao grupo de lingüistas formado por Navarro Tomás e Rafael Lapesa. Foi profesor de latín e grego, tradutor do tratado de Paul Kretschmer sobre a lingüística grega e latina, e lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1925-1926). Comezou a recompilar en fichas -que el denominou cédulas- o seu Archivo Gramatical de la Lengua Española (AGLE), constituído por máis de 100.000 citas que recollían fenómenos de lingua, coa intención de que lle servisen de corpus para a confección da gramática que proxectaba (editado polo Instituto Cervantes, a cargo de José Antonio Millán, Maite Rivero e Ignacio Bosque, 1997-2002). Á súa morte só aparecera un volume da Gramática Española (Los sonidos, el nombre y el Pronombre) (1951) e os seguintes quedaron en distintos estadios de elaboración, pero foron publicados posteriormente (1985-1991). Influenciado, sobre todo, por L. Hjelmslev, K. Bühler, R. Jakobson, a escola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Profesor de lingua e literatura galegas, colaborou en distintas publicacións e xornais (Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia) e foi un dos promotores do grupo poético Cravo fondo. Da súa produción destaca As cidades da nada (1983), Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez 1984), Pensar na tempestade (1986), O retornado (Premio Modesto R. Figueiredo 1986), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española 1988), Catro novelas sentimentais (1988), As regras do xogo (1990), Aves de paso (1990), Escolma poética (1991), As lúas suburbanas (1991), Adeus norte (Premio Esquío 1991), Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992), Os leopardos da lúa (1993), Soños eternos (1994), Luz do mediodía (1995), As bandeiras do corsario (1995), Ámbito dos pasos (1996), O cazador de libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano italiana. Debutou en 1955 no Teatro Comunale de Modena, como Micaela en Carmen. No Covent Garden (1961) e na Scala de Milán (1962) debutou como Nanetta en Falstaff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e relixioso. Os seus primeiros estudios lingüísticos defendían a unidade da lingua catalana. En 1910 redactou unha Gramàtica elemental de la llengua valenciana (1915), na que, como membro da Acadèmia de la Llengua Catalana, adoptou unha posición ecléctica fronte ás Normes ortogràfiques do Institut d’Estudis Catalans (IEC) e certas solucións ortográficas dialectais. En obras posteriores (Compendi de la gramàtica valenciana, 1921, e Vocabulario ortogràfic valencià-castellà, 1921) acentuou esta tendencia vulgarizante. En 1928 ingresou na Academia Española. As súas posicións gramaticais aínda variaron en Ortografia valenciana (1932), pero seguiu sen aceptar as normas do IEC. Tamén publicou, entre outras obras, Historia de la villa y condado de Cocentaina (1920), Temes pràctics per a l’ensenyança de la llengua valenciana (1926) e Los caballeros de apellido March en Cataluña y Valencia (1935)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Militante do PSdeG-PSOE desde 1977, foi deputado por Lugo no Parlamento de Galicia na I, II, III e IV lexislaturas (1981-1997). Alcalde de Monterroso desde xullo de 1999. Publicou O entroido de Casa de Naia (1992) e Os muíños de auga na Ulloa (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria editada en Santiago de Compostela a partir de 1945. Subtitulada “Hojas de Otoño a Primavera”. Cesou a súa edición ao ano seguinte (nº 3). Dirixida por Enrique Vidal Abascal e Manuel Rabanal Álvarez, contou co apoio de numerosos profesores e alumnos do instituto compostelán Arzobispo Gelmírez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu diversas colaboracións gráficas e literarias, traducións e poesía, esta última cun tratamento especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador gráfico, deseñador e impresor. Especializouse no deseño de carteis. En 1947 fundou Filgraf RGM, Institut d’Art Gráfic, e en 1954 a editorial PEN. Entre os alfabetos que creou destaca o Gaudí. Recibiu, entre outros galardóns, o International Graphic Design Excellence Award (1989), o Premio Nacional de Deseño (1990) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansio da vía romana que unía pola costa Bracara Augusta e Asturica Augusta. As fontes non son homoxéneas no referente ao nome; mentres que para o Itinerario de Antonino trátase de Glandimiro, o Anónimo de Ravenna denomínaa Glandimarium, e para Ptolomeo trátase de Glandomiron. Algúns estudiosos localizárona en Brandomil (Zas), mentres que outros identificárona con Pontecesures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Seteventos (Sarria). Foi refundado por Diego, abade de Samos, en 1026.

    VER O DETALLE DO TERMO