"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Cesto pequeno con dúas asas e máis ancho na parte superior, que se emprega para transportar diversos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carballeira declarada Reserva da Biosfera o 9 de novembro de 2000, e Reserva Natural Integral desde 2002. Está situada nos concellos de Cangas de Narcea e Ibias, no Principado de Asturias, e ocupa unha superficie aproximada de 5.643 ha. A vexetación, un dos seus principais atractivos, está constituída principalmente por carballo albar (Quercus petraea), acompañado en menor medida de bidueiro (Betula alba), faia (Fagus sylvatica), acivro (Ilex aguifolium) e teixo (Taxus baccata); tamén abundan os liques, dos que hai máis de mil especies. Respecto á fauna, pódense localizar especies ameazadas como a pita do monte (tetrao urogallus), o oso pardo (Ursus arctos) e o lobo (Canis lupus), xunto a outras especies máis abundantes como o xabaril (Sus scrofa), o raposo (Vulpes vulpes), o gato do monte (Felix silvestris), a marta (Martes martes), a londra (Lutra lutra) ou o peto mediano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Aranga baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de munificiente.

    2. Acto propio dunha persoa munífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi liberal ou xeneroso, especialmente con magnificencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • munificiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi cóengo de Santiago de Compostela e o arcebispo Diego Xelmírez promoveuno a bispo de Mondoñedo. Fundou o mosteiro de Santa María a Real do Sar cara a 1136.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe descoñecida. Para algúns estudosos provén do latín Munis ‘servizal’, outros relaciónano co éuscaro muño ‘outeiro’, outros co árabe munia ‘horta, xardín’ e outros subliñan un nome ibérico de persoa, Munus. Presenta a variante Monio. Na Idade Media foi un nome moi frecuente, e podía presentar diversas formas, como Munnio, Monio, Munna ou Munnia. San Munio, irmán de san Rosendo, é titular da parroquia de Veiga (A Bola).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Múnic ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Múnic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Requiás (Muíños). O seu cumio acada os 840 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, cinco estrelas de ouro, colocadas en aspa; bordo de prata, chea. Outra variante trae, en campo de azul, cinco estrelas de ouro colocadas en cruz; bordo de prata cargada de oito pintas de armiños de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre coa súa homenaxe e unha cadea saíndo polos flancos da homenaxe, ata os pescozos de dous cans, sentados nos flancos da torre, enfrontados sobre unha terraza de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra. Estudou música e foi profesor da Banda Municipal de Santiago de Compostela e director da Orquestra Compostela. Compuxo numerosas obras musicais e recibiu a Medalla Galicia de bronce (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa obra, crítica e renovadora, intégrase entre o naturalismo e o expresionismo. Da súa produción destacan Telarañas (1955), El tintero (1961) e Tragicomedia del Serenísimo Príncipe don Carlos (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de León e arcebispo de Santiago de Compostela (1206-1224). Continuou as reformas administrativas e do réxime da diocese que iniciara o seu antecesor Pedro Suárez de Deza. Durante o seu arcebispado tivo lugar a consagración da catedral de Santiago de Compostela (1211).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Foi vicepresidente da Real Junta de Comercio da Coruña e censor rexio na Coruña. Escribiu Discurso que en la apertura de los exámenes públicos de los alumnos de las Escuelas que costea la Real Junta de Comercio de La Coruña pronunció D... (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Ourense. Inaugurado en 1987, atópase na casa dos Méndez Montoto do s XVI. Dedica as súas tres salas á exposición de obras fundamentalmente pitóricas. Organiza tamén exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO