"NIF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 213.

  • Partido político creado en 1976 pola unión dos grupos Lucha de Clases, Larga Marcha hacia la Revolución Socialista e Organización Comunista Información Obrera. En 1977 ingresou no Partido del Trabajo de España (PTE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de carácter comunista autónomo, non integrado na Internacional Comunista, creado en Barcelona o 29 de setembro de 1935 da fusión do Bloc Obrer i Camperol (BOC) e da Izquierda Comunista de España (ICE), de carácter trotskista. Os principios básicos da unificación foron a loita pola revolución democrático-socialista, mediante a toma de poder pola clase obreira, a formación dunha fronte única dos traballadores a través da Alianza Obreira, a atracción ou neutralización da pequena burguesía e os campesiños, a unificación sindical e a formación dun só partido marxista. Reorganizou as forzas sindicais, procedentes a maioría do BOC, na Federació Obrera d’Unitat Sindical. Ao se iniciar a Guerra Civil Española (1936-1939) e ata a metade de 1937 participou nos organismos políticos da Catalunya autónoma e no goberno da Generalitat coa figura do seu secretario político, Andreu Nin. En 1945 sufriu unha escisión que deu lugar ao Moviment Socialista de Catalunya. Antes de maio de 1937...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política catalá fundada o 22 de xullo de 1936 a partir da fusión do Partit Comunista de Catalunya, a Federació Catalana del PSOE, a Unió Socialista de Catalunya e o Partit Català Proletari. O seu crecemento durante a guerra foi notable. Desde os primeiros momentos do exilio, a dirección do PCE tentou integralo baixo a súa autoridade e, a partir de 1949, o PSUC quedou fortemente ligado ao PCE, perdendo a súa independencia. De acordo coa súa concepción da loita pola democracia, tivo un papel destacado na Asemblea de Catalu-nya e participou no Consell de Forces Polítiques de Catalunya. Legalizado en maio de 1977, no V congreso (1981) a ocasional alianza dos sectores leninistas e históricos provocou a desfeita eurocomunista e a case ruptura co PCE. O VI congreso (1982) implicou o retorno á ortodoxia eurocomunista e a tendencia prosoviética emprendeu a creación dunha organización paralela que constituíu o Partit dels Comunistes de Catalunya (PCC). O VII congreso reafirmou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a un peite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelecaniformes.

    2. Ave da orde dos pelecaniformes.

    3. Orde de aves palmípedes, caracterizadas por presentar patas curtas, cos dedos das patas unidos mediante unha membrana interdixital, e ventas pouco desenvolvidas ou ausentes. Son aves piscívoras e boas voadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pelecaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta arbórea ou arbustiva que presenta follas verdes todo o ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División estratigráfica, con categoría de supersistema, que agrupa o Carbonífero e o Permiano, unidos por razóns de analoxía paleontolóxica.

    2. Nome dado inicialmente, en Rusia, ao Artinskiano.

    3. Termo que designa algunhas formacións locais do Paleozoico Superior, das que non é posible precisar se son permianas ou carboníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Permocarbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de personificar.

    2. Persoa que representa ou en que se personifica algo.

    3. prosopopea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuír accións e calidades propias dunha persoa a un ser irracional ou a unha cousa inanimada ou abstracta.

    2. Representar alguén un modelo ou ter as características dunha cousa, calidade, defecto ou idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de planificar.

      1. Acción de elaborar e executar un plan económico. A elaboración dun proxecto é o resultado da adecuación e coherencia entre os obxectivos e os recursos dispoñibles. Así, deberase considerar a compatibilidade das macromagnitudes empregando técnicas de análise ou de coñecemento, técnicas de elaboración e técnicas de xestión. A vertente técnica de elaboración, execución e control do proceso planificador asígnase á oficina ou comisaría do plan, que coa súa organización deberá resolver en primeiro lugar, se cabe unha estrutura xerarquizada, como foi o caso da Unión Soviética co Gosplan, ou unha organización de cooperación de expertos; se é conveniente separar os equipos de planificación a curto ou a longo prazo, e se é o momento de intervención no proceso de planificación das diversas forzas sociais, como son os sindicatos ou a patronal.

      2. planificación estratéxica empresarial

        Sistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima dunha empresa.

      3. planificación territorial

        Proceso de decisión polo que se determinan as directrices dos usos do solo, os movementos de persoas e mercancías, os equipamentos colectivos, e a ordenación da vivenda dunha área de dimensións variables e por un ciclo temporal tamén variable.

      4. planificación urbanística

        Ordenación sistemática, total ou parcial, dunha cidade ou dun núcleo ou conxunto de núcleos urbanos, en previsión e con programación do seu crecemento futuro.

    2. Conxunto de métodos orientados ao control de nacementos que apareceu en EE UU na década de 1950. Representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.

    3. Conxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado. Divídese en dúas vertentes independentes e complementarias: a planificación do corpus, que comprende as intervencións sobre o mesmo código lingüístico, e que compete a actividades como a codificación (gráfica, gramatical, léxica ou da pronuncia) e a elaboración funcional (desenvolvemento do repertorio de variedades funcionais ou rexistros específicos); e a planificación do status, que se refire á asignación de funcións sociais ás diversas variedades lingüísticas, concrétase en actividades de promoción ou de regulamentación lexislativa que tenden a difundir o coñecemento ou o uso dalgunha variedade lingüística. A planificación lingüística é, polo tanto, un cambio lingüístico ou sociolingüístico dirixido. Na súa condición de disciplina autónoma, desenvolveuse, ao longo da segunda metade do s...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que planifica.

    2. Especialista en planificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presentan o limbo laminar ou plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou contén platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pole.

    2. Que poliniza, especialmente referido ao animal que transporta o pole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de coxín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de ril.

    VER O DETALLE DO TERMO