"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estadounidense de dereitos civís fundada en Chicago en 1942 por James Farmer. Xurdiu para promover as boas relacións entre os diversos tipos humanos e evitar a discriminación racial nos EE UU. Realizaron diversas accións non violentas, entre as que destacan o envío en 1961 dos freedom riders (‘xinetes da liberdade’) aos estados do sur para investigar a existencia de leis discriminatorias e a promoción da marcha sobre Washington en 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao congreso.
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo inglés. Está considerado como o máis xenuíno representante da comedia da Restauración, período que vai de 1660, ano no que Carlos II recuperou o trono, ata 1714, cando Xurxo I foi coroado rei de Inglaterra. Educouse no Trinity College de Dublín e en 1688 regresou a Inglaterra. No 1692 publicou a novela Incógnita e no 1963 estreou a súa primeira comedia, The Old Bachelor (O vello solteirón), que xa contiña os elementos básicos da súa escrita, caracterizada pola crítica dos costumes da burguesía vilega, a nova clase social en ascenso, e pola denuncia do puritanismo, tan presente na sociedade británica desde os tempos de Enrique VIII e Isabel I. Outras comedias foron Love for Love (Amor por amor, 1695) e The Way of the World (O camiño do mundo, 1700). En 1698 publicou Amendments of Mr Collier’s False and Imperfect Citations (Aclaracións sobre as acusacións, incompletas e falsas, de Mr Collier), onde se defendía dos ataques de Jeremy Collier, quen denunciara...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos cóngridos.
-
Peixe da familia dos cóngridos.
-
Familia de peixes da orde dos anguiliformes que se caracterizan polo maxilar superior que sobrepasa a mandíbula, por non presentar escamas e por posuír aletas pectorais ben desenvolvidas. A esta familia pertence o congro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño de corpo alongado e cilíndrico, de ata 150 cm de lonxitude, aínda que os machos non superan os 60 cm. De cor acastañada escura no dorso e arxéntea no ventre, a súa pel non ten escamas e está cuberta dunha mucosa. A cabeza presenta unha boca grande e dous pares de orificios nasais, un na parte frontal e outro por detrás dos ollos. As aletas pectorais son grandes, a aleta dorsal percorre todo o lombo do animal e as aletas caudais e pélvicas están ausentes. É un depredador voraz que non despreza a prea. Habita nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, e no Mar Mediterráneo. Aínda que nada con facilidade, grazas aos movementos ondulantes das aletas dorsal e anal, ou mesmo de todo o corpo, pasa moito tempo agochado á espreita entre as penedías do fondo. As poboacións do Océano Atlántico crían no mar dos Sargazos. Logo da freza, os dous sexos morren. Cada femia pon ata 8 millóns de ovos dos que nacen unhas larvas peláxicas, de corpo comprimido e transparente, que se manteñen entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Renda que se dá aos clérigos para a súa manutención.
-
-
Calidade de congruente.
-
Nun anel, relación de equivalencia compatible coa estrutura, definida por aRb se e só se a e b son congruos un módulo elemento do anel: aRbBa≣b (mod m).
-
Calidade xurídica pola que a parte dispositiva das sentencias xudiciais debe axustarse ás pretensións oportunamente formuladas polas partes durante o xuízo, de modo que non se outorguen cousas distintas das pedidas, nin máis do solicitado. O vicio de incongruencia é denunciable en casación.
-
-
-
Que se corresponde ou concorda con algo que se indica.
-
Aplícase a dous números que, ao dividilos por outro, m, dan o mesmo residuo; isto é, dous elementos a e b pertencentes a un anel son congruos módulo m, escrito a≣b (mod m), se existen os elementos p, q, r no anel que cumpran que a=mp+r, b=mq+r.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de congruo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que admite a graza congrua.
-
-
Relativo ou pertencente ao congruísmo.
-
Partidario do congruísmo.
-
-
-
congruente.
-
Gracia efectiva polo feito de que está proporcionada exactamente para as disposicións e circunstancias de quen a recibe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome que ten a súa orixe no topónimo asturiano homónimo, o santuario de Nuestra Señora de Covadonga. Etimoloxicamente, talvez proceda do latín vulgar *cova dominica ‘cova do señor’. A súa festa celébrase o 9 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Cangas de Onís (Asturias) nun val da serra de Covadonga. Está nunha cova onde, segundo a tradición, tivo lugar a Batalla de Covadonga, considerada tradicionalmente como o punto inicial da Reconquista da Península Ibérica. Paio acadou a vitoria, no 722, contra un destacamento sarraceno ás ordes de Alquama. As crónicas cristiás do s IX (a Alberdense e a de Afonso III) esaxeraron a importancia da batalla, mentres que os cronistas árabes non a mencionan. Posteriormente, concedéuselle á batalla un valor relativo, resultado dun enfrontamento entre dous grupos pouco numerosos, que, sen embargo, puido ser o estímulo para a continuación da Reconquista. A colexiata, de estilo neorrománico (1877-1901), ten planta de cruz latina con tres naves e tres ábsidas. Está cuberta con bóvedas de aresta, agás no cruceiro que ten bóveda de crucería. No exterior dúas torres flanquean un pórtico de tripla arco. Na praza da basílica hai unha estatua de Paio, obra de Gerardo Zaragoza. O acceso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional de las Montañas de Covadonga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Megyé de Hungría, drenado polos ríos Tisza e Körös (4.263 km2; 420.000 h [estim 1999]). A capital é Szeged. A industria madeireira constitúe a base da súa economía.
-
-
Que ten forma de rectángulo.
-
rectángulo.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral norteamericano. Oficial de artillería, destacou durante a Guerra de Secesión defendendo a Unión. Combateu os indios en Kansas, Dakota e Montana, onde morreu ao enfrontarse a unha coalición de tribos síux na Batalla de Little Bighorn.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de China, drenada polo río Yalu, na baía de Corea (523.699 h [1990]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os sectores téxtil, de maquinaria e de fabricación de compoñentes electrónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Anhui, China, na rexión do Leste (798.319 h [1990]). Nos seus arredores localízase o conxunto de templos budistas do Yungant.
VER O DETALLE DO TERMO