"Obre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 296.

      1. Que ou quen ten poucos bens.

      2. Que conta con recursos insuficientes.

      3. Que ou quen é de baixa condición social.

      4. Persoa que vive da caridade.

    1. Que ten algo de xeito escaso.

    2. Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.

      1. Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.

      2. pobre católico

        Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lugares que teñen na súa denominación o termo A Pobra ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dos lugares que teñen na súa denominación o termo A Pobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de pobre.

      2. Condición de quen se atopa nun estado de miseria relativa ou está privado da manutención ou dos medios necesarios ante certas eventualidades como a enfermidade. Demostrada legalmente esta situación por medio dun certificado expedido polo concello ao que se pertence, pódense ter acceso a formas especiais de asistencia e beneficencia.

      3. Situación relativa de determinadas zonas ou países respecto doutros considerados ricos, que incide fundamentalmente nun reparto desigual da renda. Estas zonas ou países atópanse na imposibilidade de acadar un crecemento autosostido a causa das súas relacións económicas internas, que impiden o avance da produción e da renda total obxecto de reparto. Esta situación, denominada círculo vicioso da pobreza, materialízase na existencia dun baixo nivel de demanda, un mercado pequeno e unha escasa posibilidade de aforro. A insuficiente dispoñibilidade de capital obriga a traballar con produtividades moi baixas, que dan lugar a unha produción escasa e a unha renda que obriga a volver a comezar un proceso con idénticas limitacións.

    1. irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir ata o desprendemento material voluntario, forma extrema xeralmente chamada pobreza evanxélica, seguindo os consellos evanxélicos e o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén, descrita nos Feitos dos Apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (61.818 h [2001]). A construción da canle á dereita do Llobregat, a mediados do s XIX, transformou a agricultura de cereais de secaño en regadío. Predominan as industrias do sector téxtil, químico, alimentario, do papel, auxiliares e de transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Valga. Ten planta rectangular e muros de cantaría. Rodeada por un muro de pedra cun portalón de entrada, no interior esténdese un xardín con varios pombais. Ao conxunto pertence un cruceiro que se atopa no camiño cara á casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición rápida de sons iguais, especialmente a que se realiza cun instrumento de percusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados do AIT celebrado en Saint-Imier (cantón de Berna, Suíza) o 9 de setembro de 1872, despois da retirada da minoría bakunista do Congreso Internacional da Haia (2-7 setembro de 1872). Asistiron quince delegados en nome de cinco federacións rexionais (España, Italia, Francia, Jura e EE UU). Aprobouse un pacto de amizade, solidariedade e defensa mutua entre federacións libres, o Pacto de Saint-Imier, que proclamaba a case total autonomía das federacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén ou que ten sabor a sal.

    2. Aplícase á auga que ten un alto contido en sales, aínda que menor ca a auga de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía (10.368 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría, a pesca e, sobre todo, no turismo. Do seu patrimonio cultural destacan a fortaleza e a igrexa de Nuestra Señora del Rosario, onde se conservan manuscritos incunables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (78.738 h [2001]). É unha cidade dormitorio de Barcelona e un centro industrial moi diversificado en que destaca o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.140 h [2001]). Predominan os cultivos de secaño e de árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (40.042 h [2001]). A progresiva industrialización e urbanización desde finais da década de 1950 fixeron minguar a agricultura. Ten unha industria moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundador da Acción Socialista Portuguesa (1968), foi elixido deputado en 1969. Exiliado en Francia desde 1970 e vinculado á Segunda Internacional Socialista, fundou o PSP (1972), do cal foi secretario xeral. Volveu a Lisboa en abril de 1974 e foi ministro de Asuntos Exteriores aos primeiros gobernos provisionais despois da revolución. Primeiro ministro (1976-1978, 1983-1985), abandonou a dirección do goberno e a secretaría xeral do PSP para aspirar á presidencia da república, que obtivo en 1986 e renovou en 1991. En 1996, esgotado o termo legal de dous mandatos, abandonou o cargo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica que algo está nunha posición superior a outra pero en contacto físico con algo.

    2. Indica que algo está nunha posición superior a outra pero sen contacto físico.

    3. Acerca daquilo que se expresa.

    4. Indica unha localización temporal ou valoración aproximada.

    5. Indica que un movemento se realiza arredor dun punto ou dun eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envoltorio de papel ou plástico dobrado que contén un escrito.

    2. Bolsa plana e hermética de papel ou plástico que contén unha materia en po.

    VER O DETALLE DO TERMO