"Oia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade lingüística fundada en 1916 en San Petersburgo que reunía a investigadores da linguaxe en xeral, discípulos de J. I. Baudouin de Courtenay (L. Jakubinskij) e estudosos da linguaxe poética, especialmente V. Šklovskij, B. Eigenbaum, J. Tin’anov, B. Tomačevskij e O. Brik. Facían crítica literaria e retomaron o estilo esbozado por Aristóteles na Poética, na medida en que consideraba o feito literario como unha estrutura formal da linguaxe. Desapareceu cara a 1926 baixo a presión ideolóxica do stalinismo.
-
-
Bráctea que cobre a mazaroca do millo
-
Restroballo que queda despois de limpar ou peneirar os cereais.
-
-
-
xoaniña.
-
bolboreta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza psiquiátrica que se caracteriza pola presentación de ideas delirantes secundarias, sistematizadas, irrebatibles pola argumentación lóxica, que aparece como consecuencia dunha predisposición constitucional e que está relacionada coas vivencias do suxeito. Este conserva íntegras a intelixencia, a memoria, a lucidez de pensamento e a capacidade de xuízo e de raciocinio, sempre que a súa aplicación non afecte ao tema do delirio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
píntega.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia, situada ao NO do val de Florencia (83.936 h [2001]). Tradicionalmente dedícase á metalurxia e á manufactura de zapatos e tecidos. A Pistoia romana permaneceu unida á morte de Catilina (62 a C). Cara ao 1300 era un municipio importante, sobre todo no campo das finanzas, pero comezou a decaer cando se viu obrigada a aceptar a soberanía de Florencia, en 1401. Conserva as igrexas de San Bartolomeo en Pantano, San Giovanni Fuorcivitas, Sant’Andrea e a catedral (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Toscana, Italia (965 km2; 268.180 h [2001]). A súa capital é Pistoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sínodo convocado na cidade de Pistoia por Scipione de’ Rici do 18 ao 21 de setembro de 1786, por consello do gran duque Leopoldo I de Toscana. Os seus decretos foron a converxencia do galicanismo, do derradeiro xansenismo e do reformismo ilustrado e pretendían ser a formulación dun estatuto dunha Igrexa nacional. Vinte e cinco das súas proposicións foron condenadas pola bula Autorem Fidei, de Pío VI (1749).
-
-
Ramal do cabo dunha embarcación que se fixa en varios puntos de cada unha das relingas das velas para amarrar as bolinas.
-
Anel de cánabo que se emprega para reducir o tamaño da vela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos nocturnos, da familia dos vivérridos, co corpo alongado, as patas curtas e a cola do mesmo tamaño ca o corpo, co pelame amarelo, con puntos negros e aneis na cola. Aliméntanse de insectos e aves. A especie máis coñecida é Poiana richardsoni, que recibe o nome de linsang africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bola ou torta de masa de pan, máis grosa ca a filloa, que cae nas brasas ou na tixola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tráfico de contrabando na Raia Seca ourensá.
-
GALICIA
Enxeñeiro técnico e sindicalista. Coñecido como Moncho Reboiras, durante a súa etapa estudantil cofundou a revista Des…tornillo, formou parte do grupo cultural O Castro e, en 1969, ingresou na UPG, do que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Organizou a Fronte Cultural Galega que actuou como unha coordinadora efectiva entre a maioría das asociacións culturais de Galicia. Na década de 1970 foi un dos organizadores dos grupos sindicais que orixinaron en 1975 o Sindicato Obreiro Galego (SOG). Defendeu os intereses da cultura e o pobo galegos, emprendeu a loita armada na clandestinidade e morreu nun enfrontamento coa policía cando se estaba organizando a UPF ferrolá.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Sadurniño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.843 h [2001]). O principal cultivo é a viña. No s XIX introduciu a elaboración do cava en Catalunya. Despois do desastre da filoxera (1887) creáronse un gran número de novas plantas industriais.
VER O DETALLE DO TERMO