"Omán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 328.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurxente mexicano. Foi o principal dirixente e voceiro do Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). Deuse a coñecer con este nome desde a súa primeira comparecencia pública (1994), na selva de Lancadocea (Chiapas), en que denunciaba a precariedade das condicións de vida dos pobos indíxenas do seu país e esixía ao goberno unha inmediata solución ao problema. Oficialmente foi identificado como Rafael Sebastián Guillén Vicente (Tampico, Tamaulipas 19.6.1957), que desapareceu desde 1984. Este personaxe encarna o rexeitamento ao neoliberalismo e á globalización, e simpatiza cos grupos activistas de esquerdas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de Omán entre 1955 e 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manía ou delirio de grandeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está afectado de megalomanía.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo meglenorromanés ou ao seu dialecto.
-
Individuo do pobo meglenorromanés.
-
Pobo romanés establecido en Macedonia cara aos ss XI-XII. Foron islamizados polos turcos e despois da Primeira Guerra Mundial perseguidos polos gregos.
-
Dialecto romanés que fala o pobo meglenorromanés na rexión de Macedonia, ao NO de Salónica. Ten fortes influencias eslavas, sobre todo búlgaras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección notable á música.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é moi afeccionado á música, especialmente como oínte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 19.02.1803 - 30.03.1882) Escritor. Iniciouse no campo da dramaturxia refundindo textos doutros autores, como Tirso de Molina ou Lope de Vega. Froito dese traballo foi a peza La señora de protección (1828). Colaborador da Revista española, especializouse na publicación de artigos costumistas co pseudónimo de El Curioso Parlante e fundou (1836) e dirixiu o Semanario pintoresco español. Influído por F. de Quevedo e R. de la Cruz, opúxose ao interese pola política do seu tempo e foi o promotor do costumismo español. No apartado sociopolítico foi deputado (1858) e cronista de Madrid (1864). Reflectiu de maneira maxistral escenas típicas do Madrid do s XIX, algunhas delas descritas en Manual de Madrid. Descripción de la Corte y de la Villa (1832). Da súa obra destacan fundamentalmente os seus artigos, recollidos en tres volumes, Panorama matritense (1835), Escenas matritenses (1842) e Tipos y caracteres (1862). Tamén publicou Recuerdos de viaje por Francia y Bélgica en 1840 y 1841 (1841),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de gran precisión mediante o que se pode manexar utensilios, como pinceis, pipetas ou agullas, de dimensións microscópicas, para efectuar operacións moi delicadas como a inxección de substancias nunha célula, a disección de microorganismos, a montaxe de compoñentes electrónicos ou a microcirurxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manómetro moi sensible, capaz de detectar pequenas variacións de presión.
-
PERSOEIRO
Rei de Romanía (1927-1930 e 1940-1947) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen, fillo de Carlos II e de Helena de Grecia. Sucedeu a seu avó Fernando I, que desherdou o seu pai. Pero, en 1930, o seu pai derrocouno e proclamouse rei (Carlos II). Converteuse en príncipe herdeiro ata que foi proclamado rei en 1940 e tivo que aceptar a imposición dun goberno pro-nazi. Ocupado o país polos rusos, estes impuxéronlle un goberno comunista e tivo que abdicar en 1947 e exiliarse. Reside en Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu novelas realistas e humorísticas, poesía e traducións de obras españolas. Das súas obras destacan Écrit sur l’eau (1908, Premio Goncourt), L’aventure de Thérèse Beauchamp (1914) e L’ouef de Colomb (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
vila romana de Vilamar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inclinación enfermiza a inventar mitos ou historias fantásticas, que acompaña a miúdo certos estados psicopatolóxicos. No neno, a mitomanía é case fisiolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está afectado de mitomanía.
-
-
-
GALICIA
Poeta e narrador. Membro das Redes Escarlata, participou na obra colectiva Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003) e publicou O lobo da xente (Premio Narrativas Quentes, 2003), ademais de coordinar a revista literaria Espasmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou torre da Hedra Construción situada en Momán (Cospeito). Case non quedan restos desta antiga construción defensiva. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que posúe un só mando para poñer en funcionamento diferentes aparatos ou dispositivos.