"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello militar que gobernou España provisionalmente entre setembro de 1923 e decembro de 1925, despois do golpe de estado do xeneral Miguel Primo de Rivera. Substituíuno unha ditadura civil presidida por Primo de Rivera entre 1925 e 1930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo decorativo característico de Francia que se desenvolveu entre o estilo Luís XVI e o estilo Imperio. Tomou o seu nome do réxime que gobernou Francia entre 1795 e 1799. Aplícase sobre todo á creación de mobles e á ourivería. Inspirouse nos motivos ornamentais gregos e exipcios e nos motivos civís, entre outros, o gorro frixio e a pica da liberdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que discrimina ou que implica discriminación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á disimilación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
disuasivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa que divirte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á adiviñación.
-
-
Que serve para manter separado ou dividido algo.
-
Táboa usada polos compositores tipográficos, sobre a que se colocaba o orixinal, asegurado co mordente, e que se fixaba á caixa para compoñer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática estreada por José Zorrilla o 28 de marzo de 1844. Considérase a peza máis representativa do teatro romántico español. É unha recreación do mito de don Xoán, arquetipo do sedutor temerario e inconstante. Divídese en dúas partes, a primeira adapta o esquema das comedias de capa e espada coa historia do libertino, mentres que a segunda se centra nos principios do drama relixioso, que culmina coa salvación do pecador. A acción concéntrase en dúas noites, separadas por un intervalo temporal de cinco anos. A primeira parte presenta un protagonista ousado coas mulleres e valente cos homes, precedido por un longo historial de duelos e pelexas. A aparición de don Luis Mejía, o seu antagonista, é un elemento central da trama. Entre eles establécese unha rivalidade que se resolve na enumeración dos mortos e conquistas respectivas ante os partidarios de cada un, seguida dunha dobre aposta: a sedución de dona Ana, a prometida de don Luis, e de dona Inés, a de don Juan. No espazo de poucas...
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dorio.
-
Individuo do pobo dorio.
-
Pobo ou comunidade de posible orixe indoeuropea que invadiu de xeito repentino o Peloponeso no s XII a C e destruíu a civilización micénica. Só a Ática resistiu e serviu de refuxio aos aqueos fuxitivos. Caracterizábase polo emprego de armas de ferro, feito que lles proporcionaba unha notable superioridade bélica fronte ao armamento de bronce dos habitantes de Grecia. Asentáronse nas rexións meridionais e orientais. En Corinto a súa chegada vinculouse co lexendario retorno dos Heráclidas. Dividíanse en tres tribos (hileos, dimanes e pánfilos) e estendéronse por Creta, o Dodecaneso, o SL de Asia Menor e, dende o s VIII a C, por Sicilia e o S de Italia. Falaban un dialecto da lingua grega antiga, chamado dórico.
-
-
PERSOEIRO
Político francés. Obreiro da metalurxia e membro do Partido Comunista (1921), foi deputado (1924) e, a partir de 1927, secretario xeral das xuventudes do partido. En 1934 declarouse partidario da unión cos socialistas e foi expulsado do seu partido. Foi alcalde de Saint-Denis e mantívose en disidencia ata que fundou un grupo fascista, o Partido Popular Francés (PPF), en xuño de 1936. Colaboracionista a partir de 1940, liderou a Lexión dos Voluntarios Franceses contra o Bolxevismo (LVF) de Vichy.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cuarto destinado para durmir.
-
Mobles que constitúen o cuarto de durmir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema clasificatorio de instrumental lítico, desenvolto por M. D. Echaide, que tivo en conta as peculiaridades propias dos bifaces galegos. Baseado nas partes corticais distinguiu catro grupos: pezas con base reservada na súa totalidade, pezas de base parcialmente reservada, pezas con talla total e pezas diversas. Aínda que os avances metodolóxicos fixeron necesaria unha revisión deste sistema, continúa a ser unha referencia no estudo das tipoloxías líticas galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para elevar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para eliminar ou seleccionar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á emigración.
-
-
Lugar de grande importancia comercial.
-
Lugar ou cidade de grande importancia económica, comercial, cultural, científica ou artística.
-
Na Antigüidade, centro comercial establecido en territorio estranxeiro, normalmente nas costa, dedicado ao comercio marítimo. O primeiro modelo de emporio grego foi a cidade de Naucratis, fundada polos milesios no territorio exipcio (620 a C). Nalgúns casos limitábase a un mercado ou barrio comercial arredor do porto e adoitaba ter vantaxes fiscais e administrativas. Algúns convertéronse en cidades co paso do tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano ou parte do corpo que serve para evacuar ou excretar.
-
-
Membrana celulósica e fina da espora dos pteridófitos situada por debaixo da membrana externa.
-
Lámina máis interna das tres que forman a membrana dos cigotos de certas algas.
-
-
PERSOEIRO
Condesa de Lemos, filla de Rodrigo Enríquez de Castro e Tareixa Osorio. Coñecida como Beatriz de Castro a Fermosa, o seu pai e a Raíña Isabel a Católica concertaron o seu matrimonio con Denís de Portugal, fillo do duque de Bragança e irmán do Rei Manuel I de Portugal, co que casou en 1502. Enviuvou en 1516 e casou en segundas nupcias con Álvaro Osorio en 1521. Reparou o palacio condal, a fortaleza e as murallas de Monforte de Lemos e, debido aos numerosos preitos que mantivo cos señores do Reino de Galicia, prohibíuselle a súa residencia en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO