"Orne" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 234.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha aguia voante, da súa cor, coroada de ouro, dúas medias lúas, de goles, ranversadas, nos cantóns do xefe e, en punta, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, dúas bandas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Lourenzo que dá nome ao concello de Fornelos de Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Lama e Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra), ao L cos de Avión (O Ribeiro) e Covelo (A Paradanta), ao S co de Mondariz (O Condado) e ao O cos de Pazos de Borbén e Soutomaior (Vigo). Abrangue unha superficie de 83,1 km2cunha poboación de 2.036 h (2007), distribuídos nas parroquias de Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín. A capital municipal é a vila da Igrexa, na parroquia de Fornelos de Montes, situada a 42° 20’ de latitude N e 8° 27’ de lonxitude O, 36 km ao NL de Vigo e 87 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Redondela e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O concello de Fornelos de Montes sitúase nunha área de transición cara ao dominio climático oceánico de montaña, onde a incidencia da altitude reflíctese nos rexistros termopluviométricos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contenda que tivo lugar en Fornelos (Valga) no 968 e na que se enfrontaron as tropas de Sisnando, bispo de Iria, contra os invasores normandos. No trancurso da batalla os normandos deron morte ao bispo e derrotaron as súas tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza medieval situada en San Lourenzo de Fornelos de Montes. Destruída polos irmandiños no 1467, foi atacada polo bispo de Tui en 1476 e por Pedro de Soutomaior. Destruída en 1890, consérvanse algunhas ruínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga construción situada en San Pedro de Crecente (Crecente). Atópase en estado ruinoso. Foi sede dos enfrontamentos entre o Rei Afonso VII e Afonso I Henriques de Portugal. De planta cadrada, tiña tres pisos e soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exerceu como fiscal e foi presidente da Academia de Derecho. Publicou Sátira contra los abusos introducidos en la poesía castellana (1782), La cautiva (1784), Oración apologética por España y su mérito literario (1786), glosada en Discursos filosóficos sobre el hombre e Discurso sobre el modo de escribir la historia (1787), La escuela de la amistad o el filósofo enamorado (1795) e Exequias de la lengua castellana (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Formouse na Academia de Bellas Artes de Bos Aires (1922) e en 1929 trasladouse a París, onde estudiou con Othon Friez. Expuxo no Salon des Tulleries e ao regresar a Bos Aires foi unha das fundadoras dos Cursos Libres de Arte Plástico (1932). As súas obras caracterizáronse polo expresionismo baseado nas figuras dramáticas e nas cores violentas. Obtivo, entre outros, o Premio de Honor do Salón de Bellas Artes de Bos Aires (1955) e o Gran Premio da Bienal de Córdoba (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, coñecido como Cornell Capa. Estudiou en París mentres axudaba o seu irmán, Robert Capa, na preparación das fotografías que obtivera este na Guerra Civil española. Marchou para os EE UU en 1937, onde traballou para a revista Life. Alí substituíu o seu irmán na axencia Magnum despois da súa morte en 1954. Traballou como reporteiro gráfico para diversas revistas ilustradas internacionais. Xunto con B. Karia, editou o libro Robert Capa: 1913-1954 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rapina da familia Accipitridae, que presenta un aspecto esvelto característico do xénero Circus. Presenta unha lonxitude de 50 cm, ás curtas e redondeadas, nos machos a cola longa de cor cinsenta, uniforme no dorso, coa punta das ás negra e rabadilla branca. As partes inferiores son brancas agás a punta das ás. Ten cabeza gris e peteiro e patas amarelos. Presenta un marcado dimorfismo sexual; as femias e os máis novos son pardos, coa parte inferior da cola e as ás con raias negras. É unha especie asociada a matogueiras e cultivos, que nidifica en Galicia nas serras e nas chairas nun número aproximado de 50 parellas. Está tamén presente na época invernal en menor número de exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Nacido nunha familia de caldeireiros, chegou a Barcelona en 1870 para estudar arquitectura, onde tamén traballou en diferentes estudios de arquitectos e de mestres de obras. A súa produción pódese dividir en catro etapas. A primeira delas desenvolveuse entre 1878, ano no que se titulou, e 1882. Caracterizouse pola súa comuñón co ideario cooperativista, as obras desta época son de carácter urbano e social. Colaborou con Josep Fontserè no parque da Cidadela, proxectou farois e un posto de flores con quiosco e urinario, e construíu a fábrica e dous edificios de vivendas da cooperativa L’Obrera Mataronense. A etapa central da súa obra estendeuse entre 1883, data na que lle encargaron o templo da Sagrada Familia (ata o 1900). Caracterizouse polo esforzo por superar os estilos históricos e conseguir unha plástica e unhas formas estruturais propias, aspectos básicos do seu estilo. Foron anos de intensa actividade en que coñeceu a Eusebi Güell i Bacigalupi e nos que construíu a casa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer adornos ou complementos a algo.

    2. Dotar a algo ou a alguén cos elementos que lle son necesarios.

    3. Dotar un lugar dunha gornición para a súa defensa militar.

    4. Revestir as paredes ou muros dunha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de gornecer.

    2. Aplícase á espada que se representa con distinto esmalte na empuñadura ca na folla.

    3. Aplícase á espada que ten a empuñadura adornada con pedras preciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelisz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e historiador neerlandés. É un dos forxadores da lingua literaria neerlandesa e máximo expoñente do ideal renacentista nos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano estadounidense. Debutou en 1954 e é especialista en Rossini, aínda que tamén destaca na interpretación das óperas de Gounod e Bizet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista alemana. Secretaria do Instituto Psicanalítico de Berlín, en 1932 marchou a EE UU, onde, despois de abandonar a ortodoxia freudiana, fundou o Instituto Americano de Psicanálise (1941). Acentuou a importancia dos conflitos culturais na formación das neuroses e revisou os postulados da psicanálise sobre a psicoloxía feminina. Destaca a súa obra Neurosis and Human Growth (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO