Fornelos
Fornelos
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha aguia voante, da súa cor, coroada de ouro, dúas medias lúas, de goles, ranversadas, nos cantóns do xefe e, en punta, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, dúas bandas de goles.