"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Persoa que é titora xuntamente con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza diminuída de primeiro grao, equivalente a unha banda estreita, reducida á metade da súa amplitude habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode cotizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cotizar ou cotizarse.

      1. Prezo alcanzado por un valor ou por un ben no mercado. Existen dous tipos de cotización: ó contado, cando o prezo está establecido no momento en que se consuman as operacións de pago e de entrega do ben; e a prazo, cando se establece o prezo transcorrido un tempo determinado.

      2. acto de cotización

        Documento librado pola xunta sindical da bolsa na que consta o resumo das cotizacións da xornada cos cambios máximos e mínimos que se aplicaron para cada título.

      3. cotización bolsista

        Prezos e cambios dos valores negociables en bolsa.

      4. cotización de troco

        Valor de troco dunha moeda respecto a outra.

      5. cotización ó peche

        Derradeira cotización dun valor nunha sesión bolsista.

      6. cotización relativa

        Relación entre a cotización dun valor e o índice xeral bolsista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao escudo que ten o campo cuberto de cotizas alternativamente dun metal e dunha cor, en número parello e superior a vinte. Os obxectos heráldicos tamén poden estar cotizados, co que se produce a contraposición.

    2. Aplícase á faixa, á banda, á barra ou á cabria cando están colocados entre dúas cotizas, unha a cada lado, que seguen a mesma dirección. Cando van acompañadas de dúas cotizas por cada costado, o escudo denomínase dobremente cotizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pagar ou recadar unha cota a un membro dunha asociación ou dun organismo que recibe algunha cousa a cambio.

    2. Asignar o prezo dun valor na bolsa.

    3. Incorporarse as accións ou os valores dunha empresa ao mercado bolsista.

    4. Alcanzar algo un determinado valor no mercado cerrespondente. OBS: Constrúese coa preposición a.

    5. Dar a algunha cousa unha determinada importancia ou un certo valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos elementos latentes ou abstractos que, xunto cos fenotipos, integran unha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral que, xunto coa antigorita, forma parte da serpentina. De estrutura semellante á halloisita, preséntase xeralmente en forma de fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de impresión tipográfica a cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cronograma que se axusta a un molde métrico formado por un hexámetro e un pentámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural de 50,26 ha declarado en 1933 Sitio Natural de Interese Nacional. Está constituído por un outeiro con afloramentos rochosos cunha vexetación formada por matogueiras de toxos con piñeiros bravos e de Monterrei. Entre os elementos faunísticos, destaca a tartaraña cinsenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fixar unha imaxe cun daguerrotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotográfico descuberto por Louis-Jacques Mandé Daguerre, que consiste en fixar a imaxe nunha placa de cobre arxentado sensibilizada con vapores de iodo. Esta placa transforma o positivo da imaxe e é imposible obter copias. Despois da exposición, revélase con vapores de mercurio e fíxase a imaxe cunha solución de hiposulfito de sodio. Posteriormente, foi perfeccionado por Fizeau, quen fixou a imaxe con cloruro de ouro, e Claudet, que probou a substancia aceleradora de bromuro de iodo. Tamén grazas aos descubrimentos de Bingham, puidéronse realizar os primeiros retratos, aumentando a estabilidade e a sensibilidade do daguerrotipo. O primeiro en obter imaxes en cor foi Abel Nièpce, fillo do descubridor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á daguerrotipia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso fotográfico que permite fixar unha imaxe obtida mediante unha cámara escura sobre unha placa de prata iodada.

    2. Aparato empregado para realizar fotografías mediante ese procedemento.

    3. Fotografía obtida por ese procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonietta Meneghelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á forma coloquial do grego moderno, fronte á forma culta ou “pura” (καθαρέυουσα), máis arcaizante e propia do ámbito oficial (político, relixioso) e científico. En pugna máis dunha vez coa forma culta, o demótico está a ser máis utilizado polos escritores, non obstante aínda non conseguiu ser unha lingua unificada e codificada.

    2. Escritura simplificada da antiga escritura exipcia hierática. Correspóndese coa fase da lingua exipcia que vai desde o 700 a C ata a fin do Imperio Romano. É unha escritura cursiva na que predominan as ligaduras que esquematizan o trazo dos grupos hieráticos. Empregábase nos documentos da vida cotiá (contratos, cartas, etc) e foi substituída pola escritura copta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dendroquirótidos.

    2. Equinodermo da orde dos dendroquirótidos.

    3. Orde de equinodermos da clase dos holoturoideos. Teñen forma de cogombro e posúen tentáculos ramificados que filtran o plancto.

    VER O DETALLE DO TERMO