daguerrotipia

daguerrotipia

(

s f [IMAX]

Procedemento fotográfico descuberto por Louis-Jacques Mandé Daguerre, que consiste en fixar a imaxe nunha placa de cobre arxentado sensibilizada con vapores de iodo. Esta placa transforma o positivo da imaxe e é imposible obter copias. Despois da exposición, revélase con vapores de mercurio e fíxase a imaxe cunha solución de hiposulfito de sodio. Posteriormente, foi perfeccionado por Fizeau, quen fixou a imaxe con cloruro de ouro, e Claudet, que probou a substancia aceleradora de bromuro de iodo. Tamén grazas aos descubrimentos de Bingham, puidéronse realizar os primeiros retratos, aumentando a estabilidade e a sensibilidade do daguerrotipo. O primeiro en obter imaxes en cor foi Abel Nièpce, fillo do descubridor.