Dagón

Dagón
[MIT]

Divindade semítica de orixe amorrea. Deus da fertilidade na agricultura e do bo tempo, foi moi venerado no Oriente Medio, particularmente en Canaán. Na Biblia menciónase como unha das principais deidades dos filisteos, quen seguramente tomaron o seu culto dos cananeos. Este nome é unha forma diminutiva derivada da raíz semítica dag ‘peixiño’, por iso este deus-peixe concíbese con forma de corpo humano, na parte superior, e de peixe, na inferior. Construíuse no seu honor un templo na antiga cidade palestina de Asdod, onde estivo depositada a arca da alianza.