Dagoll-Dagom
Dagoll-Dagom
[ESPECT]
Compañía teatral fundada en Barcelona en 1973 por Joan Ollé. Foi o responsable, con Josep Parramón, do primeiro éxito da compañía, o espectáculo No hablaré en clase (1977), que supuxo a profesionalización do grupo. A partir de 1978 Joan Lluís Bozzo asumiu a dirección do grupo, presentando un conxunto de espectáculos entre os que destacan: Antaviana (1978), La noche de San Juan (1981), Glups (1983), El Mikado (1986), Quartetto da Cinque (Cuarteto da Quinta, 1988), Mar i Cel (Mar e Ceo, 1988), Flor de Nit (Flor de Noite, 1992) e Pirates (Piratas, 1997). No ano 1994 realizou unha serie para a televisión baixo o título Oh, Europa! e, posteriormente, Oh, Espanya! (Oh, España!).