"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • incompresible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de incumprir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar de cumprir unha obriga, un mandato ou un compromiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores de carácter supranacional fundada en Londres en 1864 co nome de Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os seus principios centrais eran a organización da clase obreira, a abolición da sociedade clasista, a solidariedade obreira internacional e o recoñecemento da importancia do movemento sindical e da folga como instrumentos de loita. Adoptou unha gran parte das ideas de Marx, recollidas no manifesto fundacional, onde se afirmaba que a emancipación dos traballadores só podía ser obra deles mesmos e pronunciábase pola colectivización dos medios de produción. Celebrou congresos en Xenebra (1866), Lausanne (1867), Bruxelas (1868) e Basilea (1869). A derrota da Comuna de París agudizou a polémica entre os seguidores de Bakunin e os de Marx, e a Internacional escindiuse no Congreso da Haia de 1872. A viaxe de Fanelli por Catalunya, València e Madrid (outubro 1868-febreiro 1869) permitiu a constitución de grupos internacionalistas en Madrid e Barcelona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode reprimir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico psiquiatra e psicanalista. Licenciouse en medicina e cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1966) e especializouse en psiquiatría na Universidad de Madrid. Realizou o seu labor de médico en diferentes centros nacionais e estranxeiros. É presidente e fundador da Asociación Galega de Terapeutas de Autismo e Psíquicos de Galicia, presidente da Federación Autismo Galicia e director xeral e secretario da Fundación Menela para nenos autistas. Publicou diversos traballos científicos, artigos e os libros Control de natalidade. Métodos contraceptivos (1977), As voces de mármore. Autismo e psicoses infantís en Galicia (1987) e Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca da Estrada (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en Ourense. Declarada pola Xunta de Galicia de interese cultural e galego, ten como fins a protección, divulgación e estudo da obra do gravador e pintor Xulio Prieto Nespereira e a conservación do seu patrimonio artístico e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de gravado convocado na Bienal Internacional de Gravado organizada por Caixanova desde 1991, en memoria do gravador Xulio Prieto Nespereira. O xurado -formado por académicos pertencentes ás diversas academias de belas artes, gravadores e críticos especializados- outorga tres premios (medallas de ouro, prata e bronce) e cinco mencións honoríficas. Ás obras presentadas polos participantes engádense as de artistas nacionais e internacionais invitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lamprídidos.

    2. Peixe da familia dos lamprídidos.

    3. Familia de peixes óseos, da orde dos lampridiformes, que presenta un corpo ovado e comprimido, cunha cabeza grande onde destaca unha boca pequena sen dentes e coas aletas dirixidas cara a adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lampridiformes.

    2. Peixe da orde dos lampridiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos osteíctios, que presenta aletas sen radios espinosos, ventre en posición torácica, boca protráctil, sen dentes, cos ollos moi grandes e co corpo de formas moi variadas. As súas especies son animais mariños, peláxicos ou abisais, con distribución cosmopolita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 579 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Sicilia en 1690 a Luís de Moncada, que morreu cara a 1704. En 1798 pasou aos Platamone, duques de Cannizaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo, xornalista e pintor. Promotor e cofundador da Asociación Fotográfica Compostelana, abriu o seu propio estudo en Santiago de Compostela en 1959. No eido xornalístico, ademais de colaborar con diversos medios, foi redactor gráfico de Blanco y Negro, Arriba e Nuevo Diario. Ademais, exerceu como redactor e editor gráfico da axencia EFE. Realizou as series fotográficas “A feira de Santiago”, “Santiago monumental” e “Las ciudades más bellas de España”, e publicou La Carrilana: manual para andar de pie por el mundo (1990). Recibiu o Premio Galicia de Comucación en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras (como variación da presión ou da temperatura), o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. Foi enunciado independentemente por Le Chatelier e F. Braun. OBS: Tamén se denomina lei do desprazamento de equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección que, nunha ou varias familias de códices, motiva as demais e que se considera a máis fiable, xa que é mais fácil explicar as outras leccións a partir desta e non ao revés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que, despois da Lei Moyano, inaugurou un novo estado social e político: o nacionalcatolicismo. Deu prioridade aos valores e contidos relixiosos e patrióticos sobre os esencialmente educativos. A educación entendeuse como unha tarefa que correspondía á familia, á Igrexa e ao Estado, mentres o mestre só tiña unha autoridade delegada. Prohibiuse a educación mixta, de maneira que se segregou a mestres e mestras e a alumnos e alumnas en centros masculinos ou femininos, segundo o caso. A formación intelectual, física e profesional organizouse nun plan cíclico dividido en catro períodos: iniciación (maternal e párvulos), elemental (6 a 10 anos), perfeccionamento (10 a 12) e iniciación profesional (12 a 15). O ensino só era obrigatorio entre os 6 e os 12 anos e, ao rematar, obtiñan a cartilla de escolaridade e un certificado de estudios primarios. Regulamentouse a inspección, a formación do maxisterio e mesmo a súa actuación profesional, administrativa, económica e disciplinar. Foi tamén o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da familia das agaricáceas, que presenta o sombreiro de cor branca ou amarela, e un anel membranoso. En Galicia as especies máis comúns son L. brebisnii e L. birnbaumii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e químico italiano. De orixe xudía, formou parte dun grupo de resistencia antifascista e foi detido e levado ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, onde sobreviviu realizando traballos de laboratorio. Escribiu Se questo è un uomo (1947), La tregua (1963), Il sistema periodico (1975) e I sommersi e i salvati (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro coñecido publicado en éuscaro (Bordeos, 1545), conservado na Bibliothèque Nationale de París. Trátase dun pequeno libro de poesías de Bernat Detxepare.

    VER O DETALLE DO TERMO