"RAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
RIOS
Río que atravesa Myanmar de N a S. Fórmase ao N de Myityinā polos barrancos de Mali e Nmai. Navegable desde Bhamo, desemboca no mar de Andaman despois dun curso de 2.250 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PICOS
Pico dos Alpes Bernesos, Suíza, no límite entre os cantóns de Berna e Valais. O seu cumio acada os 4.158 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Binteln, Baixa Saxonia 1840 - Marburg 1910) Físico alemán, fillo de Rudolf Kohlrausch. Continuou algúns dos estudios do seu pai sobre medidas electrodinámicas, e destacou especialmente dentro do eido da electroquímica, no que contribuíu a perfeccionar a teoría da disociación electrolítica de Arthenius.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei segundo a que a condutividade dun electrólito, na que a ionización é completa, é igual á suma das condutividades debidas a cada un dos ións que están disociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de receptores, de aspecto bulboso, sensibles ao frío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Eisenberg, Saxonia 4.5.1781 - Múnic 27.9. 1832) Filósofo. Estudiou na Universidade de Jena cando estaban como profesores I. H. von Fichte e F. W. J. von Schelling. En 1831 trasladouse a Múnic. A filosofía de Krause, con seguidores en Bélxica, Países Baixos e, sobre todo, España, aspiraba a ser a verdadeira continuadora da filosofía kantiana, que el consideraba que fora mal interpretada por Fichte, Schelling e G. W. F. Hegel. O seu sistema, chamado panenteísmo, non identifica o mundo e Deus, senón que afirma a realidade do mundo-en-Deus e presenta a historia como a ascensión racional do home a Deus e como o descenso de Deus ao home. A súa metafísica aplicouse á ética e á filosofía do dereito e rexeitou a visión hegeliana do estado. A súa obra abrangue un amplo abano de disciplinas e problemas filosóficos, destacan Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811), Entwurf des Systems der Philosophie (Esbozo do sistema de filosofía, 1804) e Reine allgemeine...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente filosófica que toma como base o pensamento de Karl Christian Friedrich Krause, que el denominou racionalismo harmónico. Defende o panenteísmo, no que afirma a realidade do mundo como mundo-en-Deus. Fronte á teoría absolutista do estado, resalta a importancia de asociacións chamadas de finalidade universal, como a familia e a nación. Na obra Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811) inclúense Os mandamentos da humanidade, esencia da ética krausista. Entre os krausistas cómpre citar a Röder, Schliephake e Leonhardi; e Tiberghien, Ahrens e Nieuwenhuis, que difundiron as doutrinas en Bélxica e Países Baixos. En España o krausismo converteuse nun movemento de renovación espiritual e, en particular, educativa. Un dos principais krausistas españois foi Julián Sanz del Río que, en 1857, redactou un escrito curto titulado Racionalismo armónico, definición y principios. A mediados de 1860 apareceu o seu Ideal de la humanidad...
-
-
Relativo ou pertencente a K. Ch. F. Krause ou ao krausismo.
-
Seguidor de K. Ch. F. Krause ou do krausismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de ferro e potasio, de fórmula KFe(SO4)2·H2O. Cristaliza no sistema monocíclico e é de cor amarela e verdosa.
-
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Traballou coas comunidades indíxenas do Mato Grosso e a Amazônia (1934-1939). Desde 1941 foi subdirector do Musée de l’Homme en París, director de estudios na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne (1950-1974) e catedrático de Antropoloxía Social no Collège de France desde 1959. O seu método, que se desenvolveu en Anthropologie struturale I (1958) e en Le Totémisme aujourd’hui (1962), consiste nun tratamento dos fenómenos humanos que recorre, sobre todo, ao modelo fenomenolóxico. A súa obra capital, Les Mythologiques (1964-1971), representou unha destrución da historia e unha busca do tempo perdido. En La pensée sauvage (1962) e Anthropologie struturale II (1973) intentou fundamentar a súa epistemoloxía. Tamén publicou Paroles données (1984) e Regarder, écouter, lire (1993). Foi membro da Académie Française desde 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia (1984), foi secretario da Fundación Castelao (1990-1999) e membro da súa xunta rectora desde o 2000. Traballou en Encrucillada (1984-2002) e na Revista Galega de Ciencias Sociais (2003). Escribiu O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura (1988), Negreira na guerra do 36 (1995) e Feiraco, 25 anos (1969-1994) (1995) e Un modelo de Agroindustria cooperativa (1995), e foi coautor do Dicionario Eladio Rodríguez (2001) e do Dicionario Antón Avilés de Taramancos (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo (1985), o Premio Vila de Negreira de Xornalismo (1989) e de Historia (1991) e a Medalla de Ouro do Concello de Negreira (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no casco histórico de Vigo, sede do Goberno provincial entre 1820 e 1823.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Arcebispo (1772) e cardeal (1789) de Toledo, foi tamén arcebispo de México (1766). En Toledo, fomentou os estudios históricos e litúrxicos e traballou para a conservación do rito mozárabe, do que editou o Breviario. Renunciou ao arcebispado da cidade para quedar en Roma, despois de organizar o cónclave para a elección de Pío VII. Publicou o SS. PP. Toletanorum quotquot exstant opera (en tres volumes, 1782-1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. As súas obras reflicten a súa ideoloxía filocomunista e apóianse nas súas experiencias vitais en Indochina, na Guerra Civil Española e na Segunda Guerra Mundial. Trala contenda foi ministro de Información (1945-1946) e de Cultura (1959-1969). Escribiu La tentation de l’Occident (1926), Les conquérants (1928), La condition humaine (Premio Goncourt 1933), L´espoir (1937) e Les noyers d´Altenburg (1943). Despois de dedicarse á procura de elementos estéticos, redactou as súas Antimémoires (1967) e publicou Les chênes qu’on abat (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano alemana. Foi membro do coro da Ópera de Würzburg. Deuse a coñecer profesionalmente con Le nozze di Figaro e posteriormente interpretou o seu papel máis emblemático como Kundry en Persifal. En 1985 debutou na Opera de París e en 1986 no Teatro alla Scala de Milán, ademais de actuar en Londres e Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1972 emigrou a Barcelona e colaborou en diversos xornais. A maior parte das súas obras foron adaptadas ao cine. Da súa produción destacan Sinatra (1984), La rubia del bar (1986), A solas con Betty Boop (1989) e El aullido del mundo (1994).
VER O DETALLE DO TERMO