Kohlrausch, Friedrich
Kohlrausch, Friedrich
(Binteln, Baixa Saxonia 1840 - Marburg 1910) Físico alemán, fillo de Rudolf Kohlrausch. Continuou algúns dos estudios do seu pai sobre medidas electrodinámicas, e destacou especialmente dentro do eido da electroquímica, no que contribuíu a perfeccionar a teoría da disociación electrolítica de Arthenius.