"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Instrumento de análise da radiación emitida mediante fluorescencia por unha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida do poder rotatorio dunha solución mediante un espectropolarímetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para medir o poder rotatorio dunha solución en función da lonxitude de onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ateniense. Comandante da flota que se enfrontou aos habitantes de Corcira (427 a C) e líder da expedición contra Tanagra (426 a C), dirixiu xunto con Pitodoro, Sófocles e Demóstenes a flota ateniense contra Sicilia. Dirixiu tamén as tropas atenienses que axudaron a Nicios no sitio de Siracusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir a intensidade de evaporación atmosférica. Consta fundamentalmente dun recipiente plano, de sección coñecida, que se pesa a intervalos iguais de tempos para determinar a cantidade de líquido que se evapora por unidade de superficie e de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode experimentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de experimentar.

    2. Método científico de investigación que se fundamenta na produción de experimentos e que ten como finalidade determinar se existe unha dependencia entre diversos factores, e cáles son as leis desta interdependencia. Así, trátase de medir, da maneira máis precisa posible, todos os parámetros dun fenómeno; en consecuencia, os aparatos de medir chegan a converterse en instrumentos indispensables para toda experimentación científica. Non obstante , é evidente que todos os parámetros non se poden medir nin observar simultaneamente, polo que son necesarios os experimentos que se denominan de control, nos que se manteñen todas as condicións iguais ás da experiencia principal, agás determinadas condicións ben definidas e consideradas como esenciais. Cando a confrontación dos feitos que se observan coas consecuencias da hipótese non poñen en evidencia algunha contradición, o estudio continúa mediante a experimentación. Esta experimentación pódese dividir en tres partes: o protocolo experimental,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de experimentar.

    2. Que ten experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen experimenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á experiencia ou aos experimentos.

    2. Que se fundamenta na experiencia ou nos experimentos.

    3. Que serve de experimento.

    4. Arte vangardista e, en xeral, arte contemporánea que se basea na súa condición de busca de novos modos de expresión, sensacións e emocións.

    5. Composición musical na que o autor aproveita os progresos físicos e tecnolóxicos para facer investigacións técnicas, sonoras, instrumentais, formais, etc, que se afastan total ou parcialmente da normativa convencional. Este tipo de música cultivouse especialmente no s XX.

    6. Corrente teatral anovadora e transformadora que se caracteriza pola procura de novos elementos de significación, polo desenvolvemento de novos procesos creativos e pola exploración de novos medios de expresión, comunicación e recepción. Durante o s XX sucedéronse os diversos movementos experimentais. Deste xeito, se a incorporación de técnicas orientais na formación do actor supuxo unha revolución en toda Europa, a incorporación de textos dramáticos europeos á escena oriental permitiu unha considerable ruptura cun teatro totalmente codificado e tradicional na súa dimensión estética. Así, os teatros experimentais sempre supuxeron unha proposta de ruptura coa tradición ou coas tendencias dominantes. A última gran proposta renovadora comezou a finais dos anos sesenta, vinculada a outros movementos musicais, políticos, literarios e artísticos. A renuncia ao vestiario, aos decorados e a outros elementos escenográficos, a escolla de textos provocadores ou difíciles, a exploración do formalismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método ou sistema científico fundado na experimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao experimentalismo.

    2. Que ou quen é partidario do experimentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter ou percatarse de algo por propia experiencia.

    2. Sufrir ou sentir unha transformación, sensación ou certo estado de ánimo.

    3. Someter algo a observación e a experimentos para comprobar e determinar as súas propiedades e calidades.

    4. Facer experimentos con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción artificial e controlada dun fenómeno para levar a cabo a comprobación dunha hipótese. O concepto dun experimento inclúe o conxunto de operacións de tipos heurísticos encamiñadas a dar solidez á formulación dunha hipótese, baseada nunha serie de suposicións máis ou menos vagas. En xeral, a información que se obtén por medio da experimentación represéntase cuantitativamente e son os métodos estatísticos os que permiten determinar a relación existente entre as variables controladas. Os resultados dun experimento dependen do conxunto de condicións metodolóxicas que entraron en xogo. Un tipo de experimento que adquiriu unha entidade específica é o denominado experimentum crucis (experimento crucial): se dúas hipóteses contrarias entre elas, H1 e H2, son igualmente aceptables nun determinado estado de desenvolvemento dunha teoría científica, pero producen resultados incompatibles, R1 e R2 baixo certas condicións de comprobación C,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta islandés. Escribiu Lilja (O lirio), poema dedicado á nai de Deus que reflicte a través da súa simboloxía a mentalidade medieval de Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferrimagnetismo.

    2. Aplícase á substancia que presenta ferrimagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno intermedio entre o ferromagnetismo e o antiferromagnetismo que se presenta nas substancias que conteñen ferro trivalente (Fe3+) e outro metal divalente (como Fe2+, Ni2+ ou Mn2+), como é o caso das ferritas. Desaparecen ao alcanzar unha temperatura determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Absorciómetro que mide fotoelectricamente a intensidade luminosa que transmite unha solución, xeralmente por comparación coa que transmite unha solución patrón ou o disolvente puro. Existen instrumentos dun só feixe luminoso, cos que se ten que facer dúas medicións sucesivas para poder efectuar a comparación, e de dous feixes, que efectúan simultaneamente as dúas medicións. Os fotocolorímetros son aptos para a análise cuantitativa das substancias que presentan bandas de absorción amplas na zona visible ou ultravioleta próxima, como complexos metálicos, anións coloreados ou algúns compostos orgánicos, e non son aptos para a análise cualitativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento, realizado en 1851 por J. B. L. Foucault, que consiste en deixar oscilar un péndulo, libremente, durante un longo período de tempo; isto permite observar un cambio do plano de oscilación do péndulo respecto á Terra, que constitúe unha proba do movemento de rotación desta. Coñécese tamén como péndulo de Foucault.

    VER O DETALLE DO TERMO