experimentación
(
-
s
f
Acción de experimentar.
-
s
f
Método científico de investigación que se fundamenta na produción de experimentos e que ten como finalidade determinar se existe unha dependencia entre diversos factores, e cáles son as leis desta interdependencia. Así, trátase de medir, da maneira máis precisa posible, todos os parámetros dun fenómeno; en consecuencia, os aparatos de medir chegan a converterse en instrumentos indispensables para toda experimentación científica. Non obstante , é evidente que todos os parámetros non se poden medir nin observar simultaneamente, polo que son necesarios os experimentos que se denominan de control, nos que se manteñen todas as condicións iguais ás da experiencia principal, agás determinadas condicións ben definidas e consideradas como esenciais. Cando a confrontación dos feitos que se observan coas consecuencias da hipótese non poñen en evidencia algunha contradición, o estudio continúa mediante a experimentación. Esta experimentación pódese dividir en tres partes: o protocolo experimental, onde se precisan e coordinan os camiños do traballo e as formas de acceso ao fenómeno, a experimentación, é dicir, o dispositivo experimental que se emprega para producir a observación do fenómeno e medir os diversos aspectos, e a discusión do experimento, cando o dispositivo experimental non consegue pór en evidencia o efecto que se desexaba; entón modifícase o camiño de traballo ou revísase a parte teórica e as hipóteses que aconsellaban este camiño.